O BNG permanece "amordazado" na sesión de control a Feijóo

Deputados e deputadas do BNG permaneceron cunha mordaza durante a sesión de preguntas o Presidente en protesta polos recortes de dereitos parlamentarios e contra o acordo da Mesa que impide  que o BNG, por primeira vez, formule a súa pregunta de control a Feijóo

O G.p do BNG cunha mordaza en protesta por non poder formular a súa pregunta a Feijóo

O grupo parlamentario do BNG amosou hoxe a súa protesta ante a decisión da Mesa do Parlamento de impedir, por primeira vez,  formular a pregunta parlamentaria de control ao presidente da Xunta na sesión plenaria que se está a celebrar na Cámara galega.

Os deputados e deputadas do BNG mantivéronse “amordazados” durante as preguntas de PsdeG, AGE e Grupo Mixto polo que consideran un novo recorte dos dereitos dos deputados e deputadas a exercer o seu labor parlamentario tras o acordo da Mesa do Parlamento dirixida por Pilar Rojo.

O grupo parlamentario rexistrou, recentemnte  no Parlamento un recurso de reconsideración co fin de anular un acordo que incumpriu todas as garantías procidementais e cun cambio de normas modificadas “arbitralmente”.

Nesa ocasión, o portavoz do grupo parlamentario, Francisco Jorquera cualificou o acordo entre PP e PSdeG de “discrecional e discriminatorio” por aplicar unhas normas para o Grupo popular e Socialista e outras para o resto dos grupos contrarias o establecido polo Regulamento.Mordaza 1

O portavoz do G.p do BNG explicou que o acordo responde a unha decisión do PP, co apoio do PSdeG, ante á nova composición da Cámara por mor da crise e posterior abandono de dúas deputadas de AGE para integrarse no grupo Mixto. “O BNG, PP e PSdeG non sufriron alteración algunha no seu número de deputad@s” puntualizou e o novo acordo “atenta contra o pluralismo e dereitos parlamentares”.

O BNG recorrerá ante o Tribunal Constitucional o acordo da Mesa do Parlamento que recorta ás inciativas e intervencións nacionalistas.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG