O BNG acada a unanimidade do punto da proposta defendida por Francisco Jorquera para adoptar os criterios de dispersión e avellentamento da poboación no reparto da Participación nos Ingresos do Estado (PIE) por ser factores que repercuten, de maneira determinante, no custe dos servizos que prestan os concellos galegos
O deputado do BNG, Francisco Jorquera mostrou hoxe a súa satisfacción tras acadar a unanimidade da Comisión de Economía nun dos puntos da Proposición non de lei nacionalista sobre financiamento local polo que o Parlamento insta á Xunta de Galiza a demandar a reforma do actual modelo de financiamento local de acordo cos seguintes criterios: 2.1- Proporcionar máis recursos aos concellos galegos. 2.2-Adoptar os criterios de dispersión e avellentamento da poboación para o reparto da Participación nos Ingresos do Estado (PIE), por se tratar de factores que repercuten de xeito determinante sobre o custo dos servizos que prestan os concellos galegos.2.3-Tranferir á Xunta de Galiza a contía correspondente á PIE, para que sexa a Administración galega que realice o reparto destes fondos entre os concellos.
Para o deputado, a iniciativa nacionalista vai encamiñada a proporcionar máis recursos aos concellos galegos que representan o 5,92 % da poboación do Estado español e sen embargo só receben un 5% nos ingresos do Estado, un sistema de financiamento insuficiente e inxusto que nos coloca, dixo, á cola da participación dos ingresos do Estado destinados aos concellos. Por outra banda, asegurou que resulta evidente que tanto a dispersión como avellentamento da poboación inciden nun maior custe dos servizos sociais asumidos maioritariamente polos concellos.
Cremos, recalcou Jorquera, que a contía correspondente á participación dos ingresos no Estado e adoptar os criterios de dispersión e avellentamento resulta un modelo máis racional e eficiente para que os criterios de reparto atendan realmente a realidade do noso país, concluíu.