Só o PP votou en contra da proposición non de lei da portavoz do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, sobre os preferentistas aínda pendentes de recuperar os aforros. Unha inicitiva que recollía tamén o acordo unánime acadado no Parlamento galego recentemente nesta materia.
O resultado da votación foi: 23 votos en contra (PP) e 17 votos a favor xa que a iniciativa do BNG contou co respaldo de todas as demáis formacións políticas. Davila non aceitou a emenda presentada polo grupo popular porque desvirtuaba por completo as demandas do BNG e tiña un carácter excesivamente reduccionista ante o plantexado.
Davila explicou aos parlamentares presentes na Comisión de Economía do Congreso as razóns que levaron ao BNG a presentar esta proposición non de lei sobre preferentes, nomeadamente, debido á preocupación polos 35.000 afectados que aínda non recuperaron os seus aforros. Xerounos moita preocupación a última comparecencia do presidente do FROB sobre os titulares de accións consecuencia da canxe obrigada das participacións preferentes e débeda subordinada, actualmente en máns do FROB.
Unha solución sen agardar a procedementos xudiciais
Davila aludiu ao acordo unánime acadado no Parlamento galego e que esta proposición recolle no seu punto 3. Explicou que dos 35.000 preferentistas aínda pendentes, case 6.000 presentaron demanda xudicial. O resto víronse obrigados a canxear os seus aforros pero tamén poden demandar á vista das sentenzas xudicias que se están a producir.
Unhas sentenzas, advertiu, que sempre son favorábeis aos demandantes, a excepción do 1%, tal e como se sinala no informe do FORB do mes de marzo. Plantexamos, recalcou Davila, que non haxa que agardar ás resolucións xudicias a todas as demandas, que se adopte unah solución antes e os afectados aínda pendentes poidan recuperar o 100% dos seus aforros.
A deputada do BNG alegou que é de xustiza que se resolva, e non porque o diga o BNG ou os preferentistas, senón porque a mesma Xustiza así o está a sentenciar.
Ademáis de solicitar que o FROB informe de maneira detallada a este colectivo, subliñou que no último punto da nosa iniciativa incluimos o acordo do Parlamento galego aprobado por unanimidade. Nesta parte pedimos a modificación da lei 9/2012 para que aos afectados actuais non se lles recoñeza como inversores senón como aforradores. Para que non se lles aplique esta lei e recuperen o cen por cen.
Aludiu á necesidade de conceptualizar como aforradores aos que teñen condición de clientes minoristas, diferenciándoos dos profesionais.