O portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, critica que o presidente do Goberno impida investigar o escandalazo de Bankia, ao igual que Núñez Feijoo impediu investigar no Parlamento Galego o escándalo das caixas galegas, tal e como demandaba o BNG.
Guillerme participou esta mañá en Vilagarcía de Arousa nun reparto informativo na rúa coas propostas alternativas do BNG para saír da crise.
Entre estas o BNG defende a creación en Galiza dunha Banca Pública Galega, unha medida que dende logo se sempre foi necesaria, creo que co escándalo de Bankia é unha proposta que ten toda a actualidade.
Rajoy impide investigar o escándalo de Bankia igual que Feijoo impediu investigar o das caixas galegas
Neste sentido, Guillerme denunciou que para o BNG é moi sorprendente que este escandalazo de Bankia se vaia resolver co PP en Madrid impedindo unha comisión de investigación, do mesmo xeito que o señor Feijoo impediu a comisión de investigación que solicitou o BNG no Parlamento Galego sobre as caixas galegas.
Neste sentido, considerou escandaloso que se non admiten unha comisión de investigación que todo isto se vaia saldar sen que ningún dos responsábeis deste auténtico crak financeiro paguen polas súas responsabilidades.
Ou Banca Pública Galega ou Galiza quedará sen entidades financeiras propias
Ademais, o portavoz nacional do BNG emprazou a Núñez Feijoo a que mova peón no que fai referencia á creación dunha banca pública na Galiza. Non hai outra posibilidade: ou Banca Pública Galega ou Galiza quedará sen ningún instrumento financeiro ao servizo da súa economía, advertiu.
A este respeito, anunciou que o BNG seguirá insistindo nesta proposta, a única razoábel para tentar saír deste marasmo no que nos meteu a política do PP.
O BNG fará este mércores un reparto informativo en toda Galiza
E neste sentido Guillerme anunciou que mañá o BNG fará reparto masivo das nosas propostas en todas as cidades e cabeceiras de comarca de Galiza. Aínda que nos quedemos sós: banca pública galega e xa!, rematou.
http://youtu.be/wcNJ025CduU