PP rexeita unha proposta do BNG para manter abertas as oficinas bancarias de Zas, Baíñas e Malpica

Daniel Pérez
Daniel Pérez

Daniel Pérez mudou o slogan do Partido popular “a lexislatura do rural” polo de “políticas de desmantelamento do rural”

Sumou á eliminación  de oficinas bancarias  os continuos  recortes en servizos  sanitarios  e educación  no rural

O deputado do BNG, Daniel Pérez lamentou que, unha vez máis, o Partido popular rexeitara a proposta nacionalista para manter abertas as oficinas bancarias nas localidade de Zas, Baíñas (Vimianzo), Malpica e Bergantiños que supoñen un novo golpe para o rural.

Para o nacionalista, o argumento esgrimido polo Partido popular de  que o peche de  oficinas se está a producir en todo o estado, non implica que en Galiza, polas súas circunstancias, esta situación provoque maiores dificultades e recalcou que o BNG o que lle preocupa é o que acontece “no noso país”. Neste sentido, criticou ao PP por “saltar cando se menta a bicha” en alusión á Banca e defender a  decisión da entidade  de pechar oficinas ao longo de todo o territorio galego.

No BNG, recalcou Daniel Pérez estamos  moi preocupados polas consecuencias da decisión da Abanca e outros  bancos e  da influencia sobre as zonas rurais porque non son “comparables” dixo,  ás das cidades.

O nacionalista reiterou que os veciños e veciñas das localidades rurais están ser servizos básicos e sen a atención bancaria que merecen e vostedes deben ter moi “mala conciencia” cada vez que nomeamos Abanca porque saben que a venta foi un “auténtico pelotazo” recuperando o investido na compra ao ano seguinte. A pesar dos beneficios, recalcou, houbo unha “drástica redución de persoal e oficinas” que supuxo “un importante prexuízo laboral para  Galiza”.

Por outra parte, criticou a subvención a caixeiros onde non existan, orde  que  cualificou de lei “tramposa” porque está feita para cubrir “a carencia de caixeiros automáticos” naquelas zonas onde non existen pero en realidade representaba “unha ponte de prata” para xustificar o peche de oficinas por parte das entidades bancarias e unha vez pechadas e eliminados os caixeiros automáticos xa podían acceder ás subvencións. Abanca, “a bicha” recibiu unha subvención de 3M€ de euros. A xuízo do deputado, o Partido popular incumpre as recomendacións europeas no relativo ao dereito da cidadanía a acceder a servizos bancarios en “condicións equivalentes”.

Ten o mesmo acceso un cidadán de Malpica, Zas, Baiñas ou Laracha que un veciño ou veciña da Coruña ou Carballo? preguntou.

En opinión do nacionalista, a orde tiña unha única finalidade, “subvencionar a entidades  como Abanca”  a cambio de pechar oficinas no rural.

As políticas do  PP desmantelan  o medio rural

Na súa intervención, o deputado non escatimou críticas ás políticas  e recortes do Partido popular vinculadas aos servizos básicos no medio rural entre os que destacou o “peche e redución dos servizos sanitarios e o agrupamento das crianzas de diferentes idades cos conseguintes problemas docentes”. A pesar de todo este desmantelamento,  afirmou, o PP continua defendendo o slogan de que esta é “a lexislatura do rural” pero a  eliminación de oficinas bancarias, reiterou Daniel Pérez é outro exemplo “da política de desmantelamento do rural”, concluíu.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG