Os orzamentos de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas precarizan, aínda máis, ás familias

Ana Pontón reprochou ao titular da consellería a subida dos recibos da luz, auga, lixo e combustible cando os salarios seguen baixando

Ana Pontón en comisión

A parlamentaria do BNG censurou hoxe ás contas para o 2014 da consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas presentadas por Agustín Hernández pola súa repercusión negativa nos petos da cidadanía.

Para a deputada, o PP impón novos recortes e unha política fiscal “agresiva” que obrigará a pagar máis aos que menos teñen, sobe o canon da auga, un 30%, incrementase a taxa do lixo e sobe o prezo do combustible mentres as concesionarias serán compensadas pola baixada de tráfico e ás empresas conxelarán algunhas das súas taxas, “para as empresas privadas, dixo, si hai recursos”.

O PP pon máis difícil acceder a unha vivenda

Non se poden cambiar as cousas se sempre facemos o mesmo, afirmou,igual ocorre cos orzamentos da consellería de Ordenación do Territorio, presenta unhas contas con “máis recortes” en importantes servizos, máis austeridade e menos gasto público provocando que en Galiza, “máis persoas vivan o desamparo”.

Fronte á propaganda, os orzamentos hoxe presentados non resolverán os problemas para acceder a unha vivenda, eliminan as axudas ás oficinas de rehabilitación discriminando ao rural, desaparecen as axudas aos cascos históricos e reducen o Programa Aluga.

Polo contrario, a Xunta mantén 6 millóns de euros nun convenio co concello de Barreiros declarado “ilegal” pola xustiza.2

A deputada negou que as políticas de vivenda sexan a principal preocupación da consellería “vendendo como un éxito” a actuación da Xunta en 26 caos de desafiuzamentos cando en Galiza nos primeiros meses executáronse 1.338, 16 casos diarios.

“Modifiquen a lei hipotecaria e non segan defendendo á banca”, non reduzan as políticas públicas de vivenda “á marxinalidade”.

SOGAMA rexistra as peores porcentaxes de reciclaxe e resulta un modelo contaminante, caro e inviable 

A deputada afirmou que o PP apostou por un modelo que beneficiaba a unha empresa eléctrica a pesar de ser “un modelo contaminante, inviable e caro” e preguntou porque a Xunta ten previsto gravar un 34% o canon que deberán pagar os usuari@s. O Partido popular “incumpriu o seu programa electoral” prometendo a todos os galegos e galegas, nos anos 2009 e 2012, que non subiría os impostos.

Pontón referiuse tamén ao montante de orzamento consolidado, 600 millóns de euros en contraposición da cantidade exposta polo conselleiro, 427 millóns, “vostedes computan dúas veces algúns dos gastos” ao non sumar as axencias e fundacións do sector público cando as transferencias están reflectidas no orzamento consolidado, “unha trampa máis”, explicou.

Fronte á subida do gasto corrente da consellería,dixo, baixa o investimento real, o apoio ás familias e as políticas destinadas a impulsar a actividade económica con 43 millóns menos, sen embargo engadiu, gastarán na fusión das Xestures 44 millóns de euros a pesar de resultar moi cara esta operación.

Por outra banda, o incremento para fomentar solo empresarial cando na actualidade, a Xunta aínda conta con 2,8 millóns de metros cadrados “sen vender” tamén foi criticado pola nacionalista.

O PP esquece o tren e reduce a partida para transporte metropolitano

Nesta materia, a deputada salientou os retrasos en infraestruturas e a negativa do PP a consignar “todo o gasto acumulado nas colaboracións público-privada”.

A deputada leu unha disposición adicional e preguntou se a través desa modificación a consellería “compensará as concesionarias pola baixada de tráfico” por que, na súa opinión, ábrese unha porta para esa compensación.

Unha vez máis, o impulso para o transporte metropolitano “non é real” ao destinar só 200.000 euros a maiores e a consellería volve a “esquecerse do tren”, concluíu.

 

 

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG