Olalla Rodil, cabeza de lista do BNG por Lugo, mantivo unha xuntanza con colectivos LGBT de Lugo. Rodil coñeceu de de primeira man as distintas actividades e servizos que prestan as asociacións lucenses, e recolleu as reclamacións e necesidades das distintas asociacións.
"Traballaremos no Parlamento e en todas as institucións para conseguir melloras na lexislación e na calidade de vida das persoas LGBT", explicou Olalla Rodil, que engadiu "desde o BNG apostamos pola formación e a educación como ferramenta transversal que poña freo ás discriminacións que sofren as persoas LGBT, garantindo que as rúas sexan espazos seguros".
Neste sentido, a candidata do BNG trasladou ás distintas asociacións presentes que "o BNG mantvio historicamente unha posición de defensa dos dereitos da comunidade LGBT", desde a primeira manifestación do Orgullo na Galiza que tivo lugar en Vigo en 1981 até a primeira proposta sobre dereitos trans que se levou ao Parlamento Galego en 1999, "seguiremos traballando xunto a organizacións e activistas para garantir os dereitos das persoas LGBT na Galiza", afirmou Olalla Rodil.