Néstor Rego e Carme da Silva presentaron en Madrid, no Congreso dos Deputados e no Senado respectivamente, a súa credencial como representantes electos de cara á próxima constitución das cámaras que terá lugar o vindeiro xoves día 17 de Agosto. Ambos os representantes nacionalistas reiteraron o seu compromiso de que a presenza do BNG en Madrid sirva para dar voz á Galiza e aos seus intereses, comprometéndose a defender máis investimentos para compensar o déficit histórico, máis autogoberno, a mellora do sistema de financiamento e o avance en políticas sociais.
O BNG inicia a nova lexislatura co mesmo obxectivo de defender os intereses da Galiza mais contando con máis forza e máis capacidade pois, ao Deputado no Congreso Néstor Rego, súmase agora a senadora do BNG, Carme da Silva. Os dous representantes galegos presentaron hoxe en Madrid as credenciais de cara á próxima constitución das cámaras que terá lugar o vindeiro xoves, día 17 de Agosto. Ambos os representantes nacionalistas reiteraron o compromiso de que a presenza do BNG sirva para dar voz á Galiza e aos seus intereses, comprometéndose a defender máis investimentos para compensar o déficit histórico, máis autogoberno, a mellora do sistema de financiamento e o avance en políticas sociais.
O BNG considera que non se vaia conformar un goberno do Partido Polular é “unha boa noticia, para evitar que se leven adiante no Estado as políticas de Feixoo que xa coñecemos na Galiza, e que teñen deixado un legado de retrocesos sociais, de multiplicación da débeda pública, de privatización e precarización dos servizos públicos, de crise industrial cronificada e emigración por falta de oportunidades no noso País. Unha herdanza, en definitiva, que o BNG considera que incapacita Feixoo para gobernar pois só podería supor retroceder, máis aínda, se o fai da man da ultradereita” declara Carme da Silva.
No entanto, o BNG reitera que, como xa dixo en campaña e como tamén puxo de manifesto na anterior lexislatura, non vai dar un cheque en branco a ninguén. “Hai catro anos apoiamos a investidura de Pedro Sánchez e o BNG está en disposición de falar para que isto sexa así de novo, mais será a cambio de avanzar na Axenda Galega, de que os intereses do noso País estean recollidos no programa de Goberno e que haxa a vontade explícita de cumprir eses compromisos e mecanismos garantistas de verificación” sinala Néstor Rego.