Xerais 2019

Maite Ferreiro: “Galiza ten que recuperar as competencias sobre as concas hidrográficas”

Lugo
Lugo

Maite Ferreiro sinalou que a presenza do BNG no congreso é fundamental “para ser nós quen decidamos sobre os nosos recursos”

Para o BNG a dependencia de Galiza do Estado non deixa de lastrar os nosos recursos tanto económicos como naturais

A candidata do BNG ao Congreso por Lugo, Maite Ferreiro, reivindicou a  necesidade de que Galiza recupere as competencias sobre as concas hidrográficas galegas. Para o BNG a dependencia de Galiza do Estado non deixa de lastrar os nosos recursos tanto económicos como naturais e por iso, segundo Maite Ferreiro, a presenza do BNG no congreso é fundamental para ser nós quen decidamos sobre os nosos recursos.

No acto simbólico, feito ao pé do río Miño á altura das Saamasas,  a candidata estivo acompañada de integrantes da candidatura ao Congreso e o Senado ademais da Parlamentaria, Olalla Rodil, e do candidato á alcaldía de Lugo, Rubén Arroxo. Con cartaces nos que figuraba o lema Gobernemos Nós os Nosos Ríos, Maite Ferreiro lembrou que é unha reivindicación histórica do BNG transferir as competencias para Galiza da conca hidrográfica do Miño e do Sil.

Maite Ferreiro apuntou que a colisión entre as diferentes administracións, e o feito de que sexa dende un ministerio, situado en Madrid, dende onde se decide o que se fai sobre os nosos ríos incrementa o dano sobre os nosos recursos. “Para o BNG, a defensa dos nosos recursos naturais no Congreso será unha prioridade, e sumámonos aos colectivos ecoloxistas e sociais que levan moitos anos a defender o río” sinalou Ferreiro.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG