O deputado do BNG, Luís Bará afirma que a sentencia da Audiencia Nacional que condena a AUDASA a devolver as peaxes pola obras de ampliación da ponte de Rande e a obriga de cesar estas prácticas, “deixa co cu ao aire á Xunta de Galiza e a Ministerio de Fomento” que coa súa complicidade "non foron quen de pararlle os pes a AUDASA nas súas prácticas abusivas”.
O nacionalista lamentou que tivese que ser a Fiscalía e o xulgado os que plantaran cara a AUDASA mentres o goberno galego non iniciaba ningunha iniciativa para frear “os abusos da concesionaria” e cualificou de “preocupante” que a avogacía do Estado e o Ministerio de Fomento apoiaran “os intereses de AUDASA” durante a celebración do xuízo en Pontevedra.
O deputado do BNG propón que a Xunta habilite unha oficina de asesoramento e información ás persoas afectadas polas retencións co fin de acadar o máis rapidamente a devolución das cantidades cobradas de maneira indebida e demandar do Ministerio de Fomento un protocolo para levantar as barreiras nas retencións para impedir que a concesionaria continúe coas súas “prácticas abusivas”.