O portavoz parlamentar na Cámara galega, Francisco Jorquera, afirmou eque "após a Comisión de Investigación sobre as Caixas, fica claro que todas as emisións de preferentes a pequenos aforradores se fixeron baixo gobernos autonómicos do PP".
E engadiu que "Feijoó ten que asumir as súas responsabilidades". Ademáis, acusou ao Presidente da Xunta de incumprir a súa promesa de que a arbitraxe incluiría a todos os afectados cando non é así". Estas forons as súas declaracións mentras participaba na concentración na Praza do Obradoiro en contra "do roubo aos afectados polas preferentes e subordinadas".
Neste sentido, aludiu ao peche da arbitraxe que se decretou o pasado 17 e que deixará fóra da arbitraxe a máis de 40.000 afectados e afectadas. Na Galiza, máis de 40.000 afectados van sufrir quitas de máis do 50% dos seus aforros".
Jorquera lembrou que o pasado 17 Novagalicia banco decretou o fin da arbitraxe, co cal só se van resolver os casos admitidos até esa data, excluíndo así a máis de 40.000 galegos e galegas.
"500 millóns de euros dos aforros de galegos e galegas destinados a recapitalizar a banca mediante un auténtico expolio", sinalou o portavoz do BNG no Parlamento galego.
Afirmou Jorquera que o BNG insta á Xunta a emprender accións para que se reabra a arbitraxe e ninguén fique fóra, que se impugne a Lei 9/2012 que é a que legaliza a estafa aos titulares de preferentes e subordinadas habilitando ao FORB para que poida estabelecer unha quita.