Iago Tabarés reuniuse este sábado pola tarde coas veciñas e veciños de Baños de Molgas. No encontro, estivo acompañada por Helena Suárez, candidata ao Senado pola mesma formación, e Xaime Iglesias, candidato á reelección á alcaldía de Baños de Molgas.
No encontro, o candidato ao Congreso destacou estes catro anos de evolución que tivo o concello de Baños de Molgas e puxo en valor o goberno nacionalista encabezado por Xaime Iglesias. “Agora, grazas á equipa do goberno do concello, Molgas é unha vila que se puxo no mapa e que precisa de máis anos de goberno nacionalista para medrar como concello e mellorar a vida das veciñas e veciños” destaca Tabarés.
Por outra banda, o candidato á reelección como alcalde de Baños de Molgas, Xaime Iglesias, sinalou que as políticas levadas a cabo polo concello “dependen directamente dos acordos tomados en Madrid”. “É hora de ter voz propia no Congreso dos Deputados. É hora de que Iago Tabarés represente aos galegos e as galegas e poña na axenda as problemáticas que temos” sinala o candidato do BNG á alcaldía do BNG.
No encontro tamén falou a candidata ao Senado, Helena Suárez, que tomou o modelo de referencia da vila de Allariz onde “levamos traballando case trinta anos para a xente do concello”. Baños de Molgas, segundo apuntou a candidata, pode tomar a decisión de seguir mellorando o vindeiro 26 de maio.
Voto dobremente útil
“A provincia de Ourense ten máis pensionistas que traballadores e, aínda por riba, as pensións máis baixas do Estado sendo un 30% inferiores á media estatal” apuntou Iago Tabarés, candidato ao Congreso dos Deputados polo BNG. Asemade, sinalou que os orzamentos do Estado son cada ano máis baixos e non atenden á realidade xeográfica e demográfica da provincia. “Son baixos e nin sequera se cumpren” incidiu o candidato.
Tabarés sinalou que o voto do BNG é o único voto útil “para a provincia de Ourense e para Galiza”. Xustificou ese voto será para frear á dereita e os seus recortes e para poñer en valor os sectores produtivos e defender os intereses de Galiza. “O día 28 de abril, seguindo o exemplo de Baños de Molgas nestes últimos catro ano, marcaremos o inicio dun tempo novo para Ourense e Galiza” finaliza Tabarés.