- O BNG agarda acadar mañá unha resolución de todas as forzas políticas para reclamar que a lei para a transferencia da AP 9, aprobada polo Parlamento galego por unanimidade, sexa debatida no Congreso dos deputados
A portavoz do grupo parlamentario do BNG, Ana Pontón manifestou ante os medios de comunicación que se mañá Feijóo non acode a reunión co resto das forzas políticas, convocadas polo propio BNG, para reclamar a xestión da AP 9, demostrará que non lle parece relevante o boicot do Estado á transferencia” desta infraestrutura. A nacionalista recriminou a Feijóo ter utilizado a palabra Galiza só en período de eleccións que agora cambia por “PP, PP, submisión, submisión”. Ana Pontón agarda que o PP asista a reunión que terá lugar mañá, día 25 de outubro ás 10 horas no Parlamento galego co fin de contar cunha resolución que defenda o dereito de que a lei aprobada por unanimidade na Cámara galega sexa debatida no Congreso dos deputados.
Se non é posible unirnos en algo tan básico, dixo Pontón, “Feijóo comeza a súa lexislatura sendo cómplice dos agravios e discriminacións para o noso país e demostra a súa incapacidade para defender os intereses cando o país o necesita”.