A portavoz do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, dirixiuse hoxe no pleno ao Presidente do Goberno español, Mariano Rajoy, para demandarlle contundencia coa UE e unha solución de verdade para as persoas estafadas polas participacións preferentes e subordinadas.
Señor Rajoy, sexa contundente con Europa, e resolva o problemas das preferentes porque son probes aforradores, espetoulle a Rajoy, quen comparecía despois dun mes de ausencia no Pleno para dar conta do último Consello europeo.
Axudan ao sector financeiro con malas prácticas mentras afogan á poboación
A deputada do BNG fixo unha primeira alusión a Chipre para enfatizar que destacou a insolidariedade europea que quedou patente nos Acordos acadados para o Estado chipriota. Vosté dixo que non se podían facer préstamos porque sería como premiar malas prácticas. Máis, a UE acorda axudas para salvar a ese sistema financeiro que tivo malas prácticas mentras afogan á poboación chipriota como fixeron coa portuguesa, a grega e tamén a do Estado español.
Recoñecemento dun fracaso: a zona euro a única que se mantén en recesión
Davila sinalou na súa intervención no Pleno que falar do Consello Europeo é falar da retórica da UE. Son pura retórica e logo está a Europa que manda. A parlamentar nacionalista subliñou que vosté fixo un repaso hoxe dos Consellos europeos e foi doado concluir que son pura retórica. A UE nun ano non fixo nada absolutamente. E enfatizou que o poder está verdadeiramente en Alemaña, a UE que manda é a de Merkel.
A deputada do BNG reprochou a Rajou que non fixera nada para facer fronte á UE porque comparte este modelo. Dálles igual que as políticas que aproban sexan letais. Resaltou Davila que Rajoy estivese máis moderado nas súas análises, non tivo o mesmo ímpetu nen o mesmo optimismo doutras veces. Incluso, salientou, vosté dixo hoxe que a zona euro é a única que se mantén en recesión. Entón debería recoñecer que é polas políticas da UE que están a provocar probeza. Neste sentido, a portavoz do BNG reclamou un cambio real porque non é cuestión de retoques.
Acusou á UE e ao Presidente do Goberno español de rendir culto á usura e á desigualdade. Fan unha economía ao servizo do sector financeiro e non ao servizo das persoas.
Rematou demandando a Rajou que sexa contundente con Europa, e resolva o problema das preferentes porque son probes aforradores.