Baixo o lema "O noso corpo, a nosa decisión", o BNG e Galiza Nova do Baixo Miño fan un chamamento a toda a cidadanía a participar na Camiñada por un ABORTO LIBRE E GRATUÍTO.
Terá lugar o vindeiro sábado 8 de marzo, ás 11 horas desde o embarcadoiro de Goián, até a Praza do Seixo, en Tomiño. O percorrido, de só 6 quilómetros, é de dificultade baixa e transcorrerá paralelo á N-552, por camiños agrícolas, cruzando a altura de Vilar de Matos cara ao centro de Tomiño.
Ao remate intervirán: Marisa Guerra a portavoz da Comisión da Acción Feminista no Baixo Miño, Sandra González a alcaldesa de Tomiño, Míriam Rodríguez e Carme Adán, deputada no Parlamento da Galiza.
Durante a camiñada haberá colaboracións de Marta da Costa, escritora e sindicalista da CIG, de Andrea Araúxo, gaiteira e membro de Galiza Nova e de Elias, zancudo.
Animámosvos a participar.