Bronco debate no Parlamento galego na pregunta de Jorquera a Feijóo sobre a reforma do aborto

Réplica de Jorquera a Feijóo

 Francisco Jorquera preguntou ao Presidente da Xunta que vai facer para para que as mulleres non se vexan obrigadas a abortar en Portugal

Jorquera pregunta dende o escaño

Vestido cunha  camiseta co lema: “Dereito das mulleres a decidir”, o portavoz do Grupo parlamentario do BNG, Francisco Jorquera formulou a pregunta ao Presidente da Xunta sobre as actuacións previstas polo Goberno galego ante a reforma da lei do aborto.

Na súa intervención, o nacionalista aludiu a frase pronunciada por Núñez Feijóo na que afirmaba “no me gustaría que las mujeres fuesen a Portugal a abortar”, vostede, dixo, é o autor desta frase e o relevante é que vai facer para impedilo.

A Igualdade non ser reduce a minutos de silenzo polas mortas

“A igualdade real, afirmou, non se defende só con minutos de silenzo ou celebrando ritualmente o 8 de marzo con grandes e aparentes titulares”, a igualdade deféndese garantindo os dereitos, qué vai facer?, para evitar retornar ao pasado ao que nos quere levar o Ministro Gallardón que agora amosa a súa verdadeira faciana cunha reforma que impide os dereito das mulleres a decidir, preguntou.

Grupo Parlamentario do BNG

Qué “dobre moral” defenden vostedes, cando se declaran contrarios ao dereito do aborto e despois convencen as súas mulleres para abortar en Inglaterra?.Imos volver a esa situación? . Situación nas que as mulleres sen recursos se vexan obrigadas a abortar clandestinamente e sen garantías?.

O PP é especialista en crear problemas onde non existen, “coa actual lei non aumentaron as interrupcións voluntarias do embarazo” e melloraron as condicións sanitarias, pero o máis importante, dixo o nacionalista, é que “se respectaba o dereito das mulleres a decidiren a súa maternidade”.

Jorquera remarcou que “só as mulleres compete tomar esta decisión” e que a contrareforma de Gallardón é “represiva”, contenta aos grupos integristas e non responde a criterios económicos, sanitarios, educativos ou preventivos.

Protestas continúas dende a oposición e varias chamadas a orde da Presidenta da Mesa, Pilar Rojo

As bancadas da oposición amosaron a súa protesta durante a intervencións do Presidente da Xunta por defender que o Partido popular toma a decisión de reformar a lei do aborto para garantir os dereitos das mulleres á maternidade. A Presidenta da Mesa, Pilar Rojo intercedeu na trifulca facendo varias chamadas a orde as deputadas do BNG, PsdeG e AGE e ameazando con suspender a sesión, no caso de non cesar as criticas a Núñez Feijóo.

Réplica de Jorquera a Feijóo

Na quenda de réplica, Jorquera lembrou que o PP votou en contra da Lei no ano 85 e agora pretende pedir diálogo para vender como “un éxito” calquera retoque da contrareforma, non cabe outra posición máis que retirala, recalcou porque “devólvenos a tempos cavernarios”

O portavoz nacionalista tamén criticou a chamada Lei Madre aprobada polo PP Parlamento galego que deixa ás mulleres embarazadas en mans de “Asociacións Católicas integristas” así como a Lei de Familia que retorna ás mulleres a “roles tradicionais”.

Jorquera concluíu a súa intervención lembrando que o día 9 de marzo as galegas sairán a rúa a reclamar a retirada do anteproxecto e “moitos homes acompañarémolas”, vostede que vai facer?

 

 

 

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG