O BNG solicita a comparecencia de Feijóo no Parlamento para que explique o eu traballo no Senado.
A deputada do BNG, Olalla Rodil salienta que Alberto Núñez Feijóo só rexistrou “cinco preguntas” na Cámara alta alleas ás preocupacións da cidadanía do nos País como as cuestións relacionadas cos sectores produtivos ou as infraestruturas.
Para a deputada, o “lóxico, democrático e transparente” é que Feijóo acuda á Cámara galega, xunto ao doutros dous senadores por designación autonómica, para render contas.
Rodil explicou que se consultamos a folla laboral de Feijóo no Senado, todo nos leva a pensar “que a aproveita esta plataforma” outorgada polo Parlamento galego, para facer “carreira política en Madrid” e de ser así, o natural sería que o seu salario o pagase o Partido Popular e non todos os galegos e galegas.
Esta é a razón pola que solicitaremos a comparecencia dos “tres senadores” elixidos por Galiza baixo o amparo do artigo 44.3 do Regulamento do Parlamento galego.