BNG recrimina á Xunta a falta de apoio ao sector da cultura na súa internacionalización e pídelle unha estratexia propia

Mercedes Queixas
Mercedes Queixas
Mercedes Queixas lembra que a Asociación de Editoras non estará no stand da Xunta de Galiza nas vindeiras feiras do libro de Barcelona e Frankfurt  e asumirán  a xestión da súa participación pola  falta de apoio do goberno

A portavoz de Cultura do BNG, Mercedes Queixas critica que a Xunta “renuncie á internacionalización da cultura galega” e lembra que a Asociación de Editoras non estará presente no stand da Xunta nas vindeiras feiras internacionais do libro de Barcelona e Frankfurt” e  anuncian que asumiran a xestión da súa participación., ante a falta de apoio do goberno galego.

Para a deputada do BNG,  esta decisión confirma “o abandono do goberno de Feixóo do sector editorial galego”.

Mercedes Queixas afirma que o goberno do PP galego é “incapaz” de atender as demandas do sector que reclaman  “un cambio de modelo de xestión nas feiras internacionais do libro”, dende hai tempo  caracterizado pola “inxerencia” da Xunta no carácter profesional das feiras e a falta de “visibilidade e apoio” para a súa internacionalización.

En opinión da nacionalista, este é un novo episodio sumado ao “escándalo” das axudas  á tradución que confirma a falta de estratexia dunha política da internacionalización da literatura e cultura galega no mundo.

Dende o BNG, recalca Queixas,  reiteramos o noso compromiso coa creación literaria e cultural galega e continuaremos demandando a creación do Instituto Rosalía de Castro como ferramenta de internacionalización da nosa lingua e da nosa cultura.

Por outra lado, asegura que resulta moi chamativo que xusto coincidindo co recoñecemento internacional  máximo da cultura galega, grazas as  Tanxugueiras, a Xunta renuncie a internacionalización da nosa cultura expresada a través da  creación literaria. Mercedes Queixas  anuncia o  rexistro de iniciativas para dar resposta ás demandas do sector do libro e por un cambio de modelo que permita a internacionalización da literatura e cultura galega.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG