O deputado pola Coruña, Xosé Luís Rivas, levou ante a comisión de Industria as reclamacións da veciñanza afectada polo proxecto do parque eólico de Oleirón, entre os concellos de Rois e Brión que anos de espera tempo esperando que a Xunta conteste ao recurso de reposición presentado sen que, até o día de hoxe, tivesen recibido resposta por parte da Administración galega.
Como explicaba o deputado nacionalista, con data de xuño de 2012 o proxecto foi sometido a información pública para obter autorización administrativa, declaración de utilidade pública e a necesidade de urxente ocupación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal e do estudo de impacto ambiental.
A declaración de impacto ambiental foi publicada no DOG en maio de 2016 e se facía público o acordo polo que se autorizaban as instalacións, se daba luz verde ao proxecto de execución e se declaraba a utilidade pública do mesmo.
“Contra estes acordos e no prazo regulamentario foi presentado recurso de reposición por parte das persoas afectadas, tanto no relativo á declaración ambiental como á declaración de utilidade pública, sen que até este momento tiveran resposta”, denuncio Rivas, motivo polo que demandou do Goberno galego que se pronuncie e atenda ao recurso formulado pola veciñanza afectada. “É tan difícil darlle unha resposta a unha persoas que levan esperando desde 2017”, interpelou o deputado.
O parlamentario do Bloque declarou a súa “alarma” ante o silencio da Xunta, que se agrava tendo en conta que a experiencia demostra “a lasitude e lixeireza” coa que ten actuado a Administración pública a hora de permitir determinados proxectos, máxime desde a aprobación da denominada Lei de depredación.
“Non houbo ofertas serias por escrito para ser valoradas, o silencio non é admisible”, concluíu, reiterando a reclamación dunha contestación argumentada ao recurso presentado polas persoas afectadas “sobre todo cando o presidente dixo que o proceso ía estar rematado en decembro”.