- O deputado do BNG, Luís Bará rexistra diversas iniciativas para facer cumprir a normativa que regula a apertura ao público deste espazo declarado “Ben de Interese Cultural”, BIC
O deputado do BNG, Luís Bará insta á Xunta a adoptar algunha das medidas sancionadoras recollidas na lei 8/1985 de Patrimonio Cultural de Galiza previstas para casos como o de incumprimento do réxime de visitas no Pazo de Meirás.
O parlamentario reclama “abrir expediente para sancionar aos propietarios do BIC, Pazo de Meirás e facer cumprir a normativa que regula as visitas públicas deste espazo declarado Ben de Interese Cultural”.
Para o deputado, os incumprimentos reiterados da familia Franco impedindo as visitas públicas ao Pazo de Meirás esixen unha resposta inmediata da Xunta. Resulta “humillante”, manifesta Bará que a “familia do ditador sega facendo o que lle da a gana” e que a Xunta permaneza en “silencio” e de maneira “cómplice” cun comportamento que colide co cumprimento da lei. O nacionalista considera que este feito é “intolerable” e merece unha sanción.