parlamento galego

BNG pide medidas contra o grave impacto de cultivos forestais de crecemento rápido sobre o patrimonio natural e cultural galego

Mercedes Queixes
Mercedes Queixes

O BNG formulou unha pregunta a Patrimonio co fin de acadar un compromiso para a conservación e protección de elementos culturais no monte e zonas protexidas  e o goberno deriva a resposta ao director xeral de Planificación  forestal que xustifica economicamente  as plantacións  de eucaliptos

Mercedes queixas cualificou o proceder de “falta de respecto”  ao Parlamento e ao BNG e lamentou que o goberno  eludira un compromiso real  para protexer o patrimonio cultural e natural de Galiza

A portavoz de Cultura do BNG, Mercedes Queixas amosou a súa desconformidade ante o proceder do Goberno galego por designar ao director xeral de Planificación forestal, José Luís Chan Rodríguez, para  respostar na Comisión de Educación e Cultura a unha pregunta dirixida á Dirección de  Patrimonio.

A deputada, tras explicar a relevancia das paisaxes culturais  integradas por entidades naturais, históricas, monumentais, arqueolóxicas, como as paisaxes da Costa da Morte, a Ribeira do Sil ou os Ancares, forman parte dunha construción da diversidade global como suma de identidades culturais locais.

Un bo exemplo e ben accesíbel a calquera de nós, explicou a nacionalista, é o monte galego, pero o seu patrimonio esta en risco polo progresivo abandono,  despoboamento,  carencia de plans xerais de ordenación municipal e“ falta de esforzo da  Xunta” para protexer os seus  bens.

Para a deputada, resulta chamativo  que o  Goberno galego, Dirección xeral de patrimonio “non cumprise coa debida protección do patrimonio da paisaxe cultural galega, e actúe modificando diferentes leis para reducir ou mesmo eximir de procedementos administrativos ás empresas dedicadas ao desenvolvemento forestal e enerxético”.

Durante  14 anos, os goberno do PP, remarcou a nacionalista, “dedicáronse  a favorecer os intereses da industria  forestal e enerxética; 14 anos dedicados a servir un menú legal á carta do oligopolio con moratorias de plantación de eucalipto tramposas e modificación anual da lexislación a través da lei de acompañamento dos orzamentos que, ano tras ano, nos deixan a Lei de patrimonio cultural  en panos menores”, 14 anos engadiu Queixas,  “obedecendo os consellos de administración de empresas foráneas que pretenden actuar en substitución do consello de goberno da Xunta e 14 anos perdidos para  garantir a memoria da paisaxe cultural galega e protexer o seu futuro desde a ordenación”.

Desprotección planificada da paisaxe cultural

A inexistencia dun proxecto de ordenación do territorio que planifique a política económica, social, cultural, ecolóxica  “é unha firme declaración de intencións do goberno do PP sobre a planificación da desprotección da paisaxe cultural”. Neste ámbito, o goberno ignora  as demandas da  sociedade e desatende  as conclusións do informe do Consello da Cultura Galega que constata as graves consecuencias dos cultivos forestais con especies de crecemento rápido sobre o patrimonio cultural de Galiza.

Mercedes Queixas lamentou que a Dirección xeral de Patrimonio non comparecera na comisión para responder as cuestións formuladas polo BNG e no seu lugar tivera que responder o director xeral de Planificación forestal cando en realidade, dixo , non é o “responsable da protección patrimonial”.

Tras a intervención de Chan Fernández a nacionalista reiterou que a iniciativa do BNG vai dirixida a desenvolver accións para conservar o patrimonio cultural galego e o papel do director xeral de planificación forestal “é inexplicable” porque quen  debe dar a cara e a dirección Xeral de Patrimonio cultural. O goberno, subliñou pode “disfrazalo como queira” pero aínda queda algún tempo para o entroido, ironizou.

Para a nacionalista a ausencia dos responsables de Patrimonio confirman “unha irresponsabilidade institucional e política” e “unha burla e falta de respecto”  ao grupo parlamentario do BNG, Esta, dixo, é a síntese da súa participación nesta  comisión.

O PP despreza os informes do Consello da Cultura Galega

Na súa intervención, Mercedes Queixas  lamentou que ao goberno e  Partido popular  non lles gusten  os informes do Consello da Cultura Galega pero non pode “infravaloralos” ou desprezalos. Os informes, afirmou  non son opinións, foron elaborados  durante dous anos por especialistas para chegar a un documento “ rigoroso”. Desprezar este traballo, “deixa en moi mal lugar ao Partido popular”, recalcou.

Por outra banda criticou que Chan Fernández argumentara que o informe non recollera os aspectos económicos xerados polo eucalipto e piñeiro ao que a deputada respondeu que o director xeral “non leu o informe” porque o texto recolle na súa integridade eses aspectos e engade que a “cultura ten un importante valor económico” un recurso que o goberno e o PP “esmaga” sistematicamente coa axuda do sector privado forestal.

Queixas rematou a súa intervención aludindo a accións como as talas de eucaliptos denunciada por Mariña Patrimonio  que destruíron trinta xacementos arqueolóxicos ao que sumou a “desfeita do patrimonio cultural” no monte do Gato, Alfoz, Castro Baroña por “plantacións e cortas desmedidas”.  


 

Máis en Novas
Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG