BNG pide a Feixóo que escoite á comunidade científica que reclama un confinamento de 15 días para frear a terceira onda

Olalla Rodil
Olalla Rodil

Rodil: "O goberno non pode agardar á semana que ven para tomar decisións.Urxen medidas duras pero necesarias"

Acusa a Feixóo "dunha grande irresponbilidade" e pide que  actúe con contundencia ante o descontrol do virus en Galiza

A viceportavoz do BNG, Olalla Rodil tilda de "indignante e incomprensible" que a Xunta non adopte novas medidas contundentes para frear a terceira onda da Covid. Os datos de hoxe e das últimas semanas, explica a nacionalista constatan  que o virus está  descontrolado en Galiza e nesta situación non se pode agardar a semana que ven para tomar decisións, "urxe actuar agora" e a actitude do presidente e da Xunta, está a ser dunha "grande irresponsabilidade".

O BNG pide ao presidente do goberno galego que escoite á comunidade científica que reclama un confinamento de quince días para frear a expansion do virus. Para a viceportavoz nacionalista resulta "inconcebible" a inacción do goberno ante o incremento da presión hospitalaria, como suben cada día o número de persoas contaxiadas e como se desbordan áreas sanitarias como a da Coruña. "Urxe actuar xa e facelo con contundencia e adoptando medidas duras pero necesarias", recalca Rodil.

Dende o BNG, afirma insistimos en que todas as medidas que se adopten deben ir acompañadas de "axudas económicas para os sectores máis afectados pola crise da Covid 19".
 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG