O BNG pide que que se cumpra o dereito laboral e salarial dos traballadores e traballadoras de SEAGA

Mini
Mini

Xosé Luís Rivas reclamou modificar a normativa para rematar coa discriminación do persoal de SEAGA e que  sexa baremado o tempo de traballo para a súa inclusión nas listas de contratación da Xunta

O deputado do BNG, Xosé Luís Rivas reclamou para os traballadores e traballadoras de SEAGA “un trato laboral e salarial xusto” ante a reestruturación  do servizo de prevención, defensa e extinción de incendios forestais, a partir do 2019. A dirección da empresa, engadiu Rivas, “non comunicou aos traballadores e traballadoras cal será o seu futuro”.

O deputado explicou que no mes de agosto foi asinado un convenio entre Xunta, FEGAMP e SEAGA para o establecer un sistema público de xestión de biomasa nas faixas secundarias que suporá un aumento considerable da carga de traballo para a empresa, e na súa opinión,  é unha  ocasión propicia para aumentar o tempo de traballo anual do persoal  que actualmente presta servizos, só determinados meses do ano.

Para o parlamentario, o problema estriba na intención do Partido popular de apoiar un  sistema produtivista de madeira para seguir beneficiando a ENCE. Nós, dixo,  non falamos de aplicar o V convenio. “Nós o que pedimos e que se  cumpra o dereito laboral e salarial  do persoal de SEAGA”  porque o Consello da Administración desta empresa “é paritario”, e está  conformado pola consellería de Facenda  e Medio Rural”. Esas dúas consellerías, explicou,  “deciden sobre os recursos con capacidade política”. O parlamentario criticou que a Xunta utilice SEAGA pero ao tempo a  maltrata por ser creada durante o  goberno bipartito, un goberno, “que apostaba polo medio rural, o seu futuro e a súa modernidade”, recalcou Rivas.

Na súa intervención insistiu na necesidade de mudar o que cualificou “condicións precarias e ofensivas” do persoal de SEAGA e pediu ao Partido popular que abandone a “súa rabia xorda que o remoe despois de nove anos”. Resulta irracional, e fóra de toda lóxica para unha boa xestión  dos recursos públicos, prescindir do capital humano que a propia Consellería formou nestes anos a través  de SEAGA destinando moitos  recursos públicos.

O nacionalista lembrou que os traballadores e traballadoras manteñen unha folga dende o pasado día 16 de setembro e advertiu que continuamos “en alto risco de incendios” polo que volveu reclamar á Xunta que atenda as súas “xustas demandas”.

A proposta defendida polo deputado, Xose Luís Rivas tamén incluía, eliminar o  protocolo que establece tarefas de prevención e extinción no período de risco de incendios forestais, que a reestruturación conte con persoal de SEAGA con experiencia no servizo de prevención, defensa e extinción de incendios forestais e que   no  aumento de carga de traballo contemplada no convenio asinado entre a  Xunta e a FEGAMP para a xestión das franxas de biomasa, inclúa ao persoal  de SEAGA que na actualidade  presta servizos só  en determinados meses do ano.

A proposición non de lei do BNG foi rexeitada cos votos en contra do grupo maioritario do Partido popular.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG