A través dunha pregunta parlamentaria ao director xeral da CRTVG, a deputada do BNG, Olalla Rodil reclamou aprobar e poñer en marcha o “primeiro plan de Igualdade” no medio público para abordar a cobertura informativa baixo a perspectiva de xénero.
Tras a intervención do titular da CRTVG, Sánchez Izquierdo sobre a entrevista nun programa deportivo ao avogado do Celta para tratar o aspecto xurídico contractual do xogador, Santi Mina condenado a 4 anos de cárcere por un delito de abusos sexuais. A parlamentaria do BNG explicou que o pasado 5 de maio, tras coñecerse a sentenza condenatoria tiveron lugar dúas entrevistas, unha a Lola Lago , avogada e seareira peña Os Carcamáns e a Pablo Viana ,avogado e asesor do Celta nos últimos dez anos.
Lago abordou a condena como seguidora da equipa, como muller e como xurista. Expuxo a súa opinión como seareira e como muller e reflexionou tamén como coñecedora da lexislación. Para a seguidora do celta, resulta insuficiente o expediente do Clube ao xogar aínda que entende as medidas cautelares aplicadas así como a imposibilidade legal de rescindir o contrato sen causar un despedimento improcedente.
Na entrevista a Pablo Viana, avogado do Celta durante anos, o letrado actuou sempre desde a posición do xogador ao que tentou xustificar con declaracións como: “Santi Mina debeu chegar a un acordo por moitos miles que fagan falta” referíndose á contía económica que debera ter ofrecido á vítima da agresión sexual. “Isto foi unha mala tarde, unha mala noite, unha mala borracheira, un erro”.
Durante a entrevista non é repreguntado ou cuestionado polas súas afirmacións nas que criminaliza a muller e procura xustificar e exculpar o agresor. A conversa remata, por parte do entrevistador cun: “é a explicación que buscabamos, a dun avogado, un experto”, criticou a nacionalista.
O acontecido no programa radiofónico causou unha forte indignación nas redes sociais, no movemento feminista e en entidades profesionais que traballan pola inclusión da perspectiva de xénero nos medios de comunicación, como Xornalistas Galegas.
O debate para o BNG, dixo Rodil focalizase no grao de formación da redacción, todo o cadro de persoal da CRTVG pero especialmente “a redacción de todas as áreas”, para enfrontar situacións e moito máis si estas son en directo porque nunha reportaxe “pregravada” aínda podes editar, podes pensar, reflexionar, en directo non, entón a pregunta é: que fas? Estou absolutamente convencida que o redactor pensou o mesmo. Que fago agora? Lévolle a contraria e xero un debate? Corto? Sigo? Todo iso en milésimas de segundo porque nun directo non podes parar, aseverou.
Para o G.P. do Bloque Nacionalista Galego o acontecido arredor do caso de Santi Mina, “debe instar ao xornalismo en xeral, pero de maneira moi especial aos medios de comunicación públicos de Galiza a unha reflexión arredor do grao de formación que existe en materia de xénero e tratamento da violencia machista, e os recursos dos que dispón o cadro de persoal para abordar casos como o de Mina ou índole semellante”.
A deputada lembrou que non é a primeira vez que algo así acontece e aludiu ao sucedido cunha convidada ao programa Land Rober e a intención do programa para sorprendela coa súa ex parella , cando en realidade ela rematara con esa persoa polo seu comportamento machista e violento.
Neste sentido, volveu a reclamar ao titular da CRTVG un de Plan de igualdade con Formación en materia de xénero e tratamento da violencia machista e crear “unha figura de responsábel” en materia de xénero e formación que garanta a transversalidade da perspectiva de xénero en todos os contidos e áreas.
Non é a primeira vez que acontece, hai moitos xogadores de fútbol que foron denunciados por violencia machista e algúns pagaron moito diñeiro para frear as denuncias.
Rodil lembrou algunhas destas denuncias publicadas entre as que destacou a do ano 2020, “Tres jugadores de la Arandina fuero condenados por violar en grupo a una niña de 15 años. Condenados a dos años de prisión los jugadores Sergi Enrich y Antonio Luna por difundir un vídeo sexual junto a una mujer en 2016, cuando eran jugadores del Eibar, que tampoco les castigó oficialmente. El Juzgado de Primera Instancia de Llíria abrió hace unos días una investigación contra Rubén Rochina, en las filas del Granada, por supuestos abusos sexuales.
En Inglaterra, Mason Greenwood, apartado recientemente del Manchester United a la espera de ser juzgado por violación y agresión sexual a su novia. Benjamin Mendy, suspendido por el Manchester City, que se encuentra en libertad bajo fianza y acusado de nueve cargos de violación.
Ched Evans, jugador del Manchester por violar a una chica junto con un compañero de equipo cuando jugaba en el Sheffield United. En el 2012 fue condenado a cinco años de prisión y cumplió dos entre rejas.
La modelo Kathryn Mayorga, denunció en 2018 a Cristiano Ronaldo por un supuesto abuso sexual en Las Vegas en 2009. La estadounidense aceptó en un principio un pacto para guardar silencio, pero nueve años después emprendió acciones legales alegando que en ese momento estaba “mentalmente incapacitada”.
Neymar también fu denunciado por violación, aunque la justicia brasileña archivó el caso. En cambio, los tribunales italianos dictaron una pena de nueve años de prisión a su compatriota Robinho por violación.
Como vemos, reafirmou a nacionalista, son moitos os casos publicados que merecen cuestionar o tratamento informativo e analizar os feitos baixo a perspectiva de xénero.
Debemos facer “autocritica” para constatar que hai cousas que non estamos facendo ben e que deben ser melloradas como reclaman as propias Xornalistas galegas e o Movemento feminista de aí a nosa reclamación dun “compromiso real” da CRTVG e a posta en marcha do Plan de Igualdade, concluíu.