O BNG pide que o cese “inmediato” da Valedora do Pobo pola súa intervención na contratación irregular da irmán do portavoz do grupo parlamentario do Partido popular e acusa a Feixóo de manter unha “actitude nepotista e caciquil” ao favorecer o enchufismo dunha persoa vinculada ao Partido popular.
A deputada do BNG, Noa Presas manifestou que ante o rexeitamento do Tribunal Supremo do recurso presentado por Milagros Otero, a Valedora do Pobo debe “dimitir” e anunciou que o BNG iniciou contactos co resto dos grupos parlamentarios para trasladar, “de forma conxunta” a petición do cese polo canle legal do Parlamento galego para que se vote no pleno. Instamos, a que por “decencia” a propia Milagros Otero dimita de “motu propio” hoxe mesmo. Por outra parte, dixo, consideramos que Núñez Feixóo debe desautorizala e asumir a súa responsabilidade nesta situación que deixa nun estado “devaluado unha das institución máis valiosas do noso país.”
A parlamentaria nacionalista recalcou que o principal responsable do acontecido na contratación de María Puy Fraga é “Núñez Feixóo” quen ademais, engadiu, mantivo unha “actitude nepotista e caciquil ao favorecer o enchufismo dunha persoa vinculada ao Partido popular” e apoiada pola Valedora do Pobo tamén afín ao partido conservador. Presas afirmou que a Valedora incumpriu as funcións e tarefas para as que foi elixida. O acontecido, recalcou vai na dirección contraria da rexeneración democrática que defende Núñez Feixóo polo que debe asumir a súa responsabilidade.
Noa Presas explicou que a Valedora do pobo é unha consecuencia do pacto entre PP e PSOE para repartirse o Consello de Contas, o Consello da RCTVG e a Valeduría do Pobo. Dende o BNG xa denunciamos, no seu día, que a Valedora, Milagros Otero non contaba co perfil idóneo para desempeñar o cargo polas súas conexións co Partido popular. Pasado o tempo, quedou demostrado que a Valedora do Pobo foi a “Valedora do Partido popular”, actuando como “conseguidora” do Partido popular.
Presas cualificou de “deplorable e inxustificable” a intervención da Valedora do Pobo, Milagros Otero, para favorecer a contratación da á irmán do portavoz do grupo parlamentario do Partido popular, Pedro Puy e tildou de “escandaloso e obsceno”, dende o punto de vista democrático, o seu proceder.