A viceportavoz do BNG, Olalla Rodil anuncia a posición do BNG na votación dos senadores do PP que terá lugar esta tarde no Parlamento galego. O BNG non apoiará a Núñez Feijóo e Miguel Tellado como senadores por designación autonómica. A nacionalista cualifica de "bochornoso e vergonzante" o uso que fai o Partido popular das institucións, neste caso o Senado, para recolocar a Feijóo e Tellado co fin de aforrar dous salarios ao PP e darlle un "altavoz" ao partido, a costa das galegas e galegos. Resulta un “despropósito” que unha das persoas que escollerá esta tarde o Parlamento galego, Núñez Feijóo, xa anunciou o seu empadroamento en Madrid, polo tanto, "nin sequera vivirá en Galiza".