BNG leva ao Parlamento o impago de salarios ás traballadoras e traballadores de Mersant Vixilancia polos servizos de seguridade en centros de Política Social

Olalla Rodil
Olalla Rodil
Rodil reclamou cancelar o contrato coa empresa concesionaria e regularizar a situación salarial do persoal  

A parlamentaria do BNG, Olalla Rodil preguntou ao goberno que vai facer ante a situación  das traballadoras e traballadores da empresa Mersant Vixilancia que subministra os servizos de seguridade a centros dependentes da Consellaría de Política Social e que non perciben os seus salarios  desde decembro de 2021, incluída a paga extraordinaria.

A deputada explicou que, os 17 centros afectados por esta irregularidade salarial , están situados nas diferentes provincias galegas e abarcan Residencias  de maiores, menores, casas do Mar, centros educativos, de protección de menores e persoas con discapacidade. Esta situación, afirmou a nacionalista é coñecida pola Xunta porque xa foi  denunciada ante o  Tribunal administrativo de contratación pública, a Consellaría de Política Social, a  Inspección de Traballo e a través de diversos escritos dirixidos aos grupos parlamentarios.

“Pero ademais, a Xunta de Galiza sabe e sabía o que está pasando porque nin sequera é a primeira vez que Mersant vulnera os dereitos salariais e laborais das traballadoras e traballadores” e lembrou que  o Convenio colectivo sinala que as retribucións do persoal deberán aboarse por meses vencidos nos tres primeiros días hábiles e dentro, en todo caso, nos cinco primeiros días naturais de cada mes.

Esta empresa, explicou a deputada “ é ben coñecida en Galiza e fóra de Galiza” por acometer “impagos na seguridade privada” dos hospitais de Valdeorras e Verín, proceder que tamén mantivo no concello de Sevilla que impuxo unha Sanción municipal a Mersant Seguridad por “impagos a la plantilla y a la Seguridad Social” ,o  12 de febreiro acordando impoñer “unha penalidade" de 17.400 euros a la unión temporal de empresas (UTE) “adxudicataria do  contrato correspondente  á vixilancia e  seguridade dos  colexios públicos da  cidade e dos centros de educación permanente, por non estar ao corrente no cumprimento das súas obrigas coa Seguridade Social” e “retrasos” no abono das nóminas da plantilla.

 A pesar de coñecer os antecedentes da empresa, que fixo a Xunta? preguntou a deputada do BNG porque non  atendeu as solicitudes de reunión presentadas diante da Consellaría, nin actuou contra a empresa concesionaria por vulneración dos dereitos laborais e salariais dos traballadores.

En opinión da nacionalista, a Xunta é “responsable” da “durísima situación” de moitas traballadoras e traballadores e en troques de actuar, “mirou para outro lado”. O  único que fixo a Xunta replicou Rodil,  foi subcontratar outros traballadores a outra empresa : Sasegur. Un proceder sobre o que  temos as nosas dúbidas de que sexa legal, porque a  lexislación estabelece que non se pode contratar o mesmo servizo a dúas empresas diferentes.

Desde o BNG pedimos,  “ a resolución inmediata do contrato coa empresa” de acordo co disposto na Lei de contratación do sector público que habilita á administración pública a rescindilo por “falta de pagamento dos salarios durante a execución do contrato” , así como a adopción de medidas para que este tipo de “empresas piratas” non podan continuar co seu modus operandi. Para impedilo, é necesario introducir “cláusulas sociais” para actuar sen demora cando a administración é coñecedora da máis mínima vulneración dos dereitos dos traballadores.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG