BNG insta ao goberno a poñer en marcha medidas económicas e sociais para paliar o impacto da suba de prezos nos fogares

Noa Pressas
Noa Pressas
Noa Presas propuxo modificar a fiscalidade das rendas más baixas, axudas directas de emerxencia, incrementar a RISGA e aumentar 100 euros ás pensións non contributivas

A deputada do BNG, Noa Preas defendeu unha moción instando á Xunta a poñer en marcha medidas económicas e sociais contra o impacto da suba de prezos nos fogares que o PP votou en contra.

Na súa intervención, Presas propuxo modificar a fiscalidade  para corrixir a falta de progresividade no IRPF aliviando a situación das rendas máis baixas, aprobar axudas temporais e directas ao sector agrogandeiro e marítimopesqueiro, incrementar a contía das principais axudas sociais: RISGA, violencia machista e pobreza enerxética, aumentando os limiares de renda para acceder a axudas públicas,  e incrementar de “maneira inmediata” como mínimo “100 euros as pensións non contributivas co complemento autonómico conxelado dende hai máis dunha década”.

 Hai uns días,  lembrou  a nacionalista,  interpelamos ao goberno galego “ante a situación límite de Galiza por mor das consecuencias que ten na sociedade e na economía a suba disparada de prezos” e cada minuto que pasa, dixo,  é “ unha oportunidade perdida” para frear unhas consecuencias que se disparan tan rápido como a inflación.

Nesta liña, criticou a “falta de reacción” do goberno de Feixóo instalado dende hai 13 anos en San Caetano. Un goberno, afirmou, “paralizado e de brazos cruzados” e máis centrado en buscar “culpables” que de exercer a capacidade de reacción que dá o autogoberno. Un Partido popular, engadiu centrado en “salvar as súas siglas” e non as necesidades crecentes dos galegos e galegas.

Hai  15 días, explicou,  o conselleiro de Facenda non ofreceu  unha folla de ruta e hoxe Feixóo nin pisou polo Parlamento e pola mañá, o conselleiro de Medio Rural, tras anos quentando a cadeira “descubriu que  neste país había un problema coa venda a perdas”. Este é o  panorama, enfatizou. O PP quere converter o Parlamento nun escenario para roldas de prensa e os  Consellos da Xunta, “ nunha máquina expendedora de publicidade e  propaganda de empaquetar medidas ordinarias como se fosen algo novo”.

 

 Hoxe coñecemos xa o dato do avance do INE sobre o dato  de inflación de marzo, 9,8%, “o    máis elevado dende 1985” e descoñecemos o dato galego pero todo fai pensar que será superior aos 10 puntos por que  dende que comezou a escalada inflacionista  “non hai un mes no que os datos galegos non sexan superiores aos estatais” e isto ten como consecuencia un “empobrecemento máis rápido en Galiza”. Neste sentido asegurou que   o 51% do fogares chegan con grandes dificultades a fin de mes, ao que sumou  a crise na industria electrointesiva, no sector agrogandeiro e  marítimo pesqueiro.

 

Tras a intervención do portavoz popular, Pedro Puy que anunciou o voto en contra á iniciativa nacionalista, a deputada lamentou o veto do PP ás propostas dos BNG e apelou á responsabilidade política do goberno  para mitigar a difícil situación provocada pola brutal escalada de prezos que está a obrigar a moitas familias a prescindir de “poder encher un depósito de combustible para ir ao traballo” ou a rebaixar os gastos, mesmo en produtos de primeira necesidade, concluíu.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG