parlamento galego

BNG impulsa un acordo para dedicar fondos propios, estatais e europeos para os sectores afectados economicamente polo impacto do peche transfronteirizo de Galiza

Noa Presas
Noa Presas
A proposta de transacción, defendida pola deputada do BNG, Noa Presas inclúe realizar un estudo para coñecer o dobre impacto da COVID, por mor do peche de fronteira nos concellos transfronteirizos de Galiza

A proposición non de lei defendida pola deputada  do BNG, Noa Presas acadou o apoio  da Comisión de Economía, tras chegar a un acordo  unánime dunha proposta transaccionada nos seguintes termos:

“O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a:

  1. Promover a realización dun estudo, en colaboración co sistema universitario galego, para coñecer o dobre impacto da COVID e do peche de fronteira nas actividades económicas dos concellos transfronteirizos de todo o país.
  2. Impulsar, en colaboración con todas as administracións e coas AECT, un plan especial para demandar compensacións con cargo a fondos propios, estatais ou europeos para os sectores dobremente afectados pola COVID e polo efecto peche da fronteira.
  3. Demandar a dotación de fondos extraordinarios por parte dos estados e da UE ao abeiro do Plan europeo de recuperación Pos-COVID (NEXT EU), así como do Marco Financeiro Europeo 2021-2027 e promover a posta en marcha dun Investimento Territorial Integrado de carácter Transfronteirizo (ITI) concertado entre ambos países e dotado financeiramente con cargo a fondos europeos do Marco Comunitario reforzado 2021-2027, como instrumento para a reactivación económica e o desenvolvemento deste territorio dobremente afectado pola COVID e polo impacto da reposición da fronteira.”
Máis en Novas
Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG