O BNG expresa o apoio ao centro galego de Bruxelas que celebra o Festival pola Liberdade

Festival pola Liberdade
Festival pola Liberdade

A Executiva nacional rexeita as presións da Xunta para suspender o evento ao que asistirá a eurodeputada Ana Miranda

A Executiva Nacional do BNG traslada o seu apoio aos actos que se van celebrar no Centro Galego de Bruxelas baixo o título Festival pola Liberdade, precisamente en defensa da liberdade dos pobos e da democracia que terá lugar este sábado na capital belga.

O BNG considera  intolerable calquera tipo de censura, como a exercida desde a Xunta de Galiza sobre o Centro Galego de Bruxelas, institución que se ten caracterizado todos estes anos por facer actividades internacionais de todo tipo sempre en defensa da liberdade e da democracia, en defensa de todas as culturas, tanto a de Galiza como doutras nacións sen Estado.

Por iso, a dirección do BNG afirma o seu compromiso para evitar calquera tipo de presión e censura sobre as actividades desta institución rexistrada como ONG en Bélxica, incluído o Festival pola Liberdade ao que asistirá  a eurodeputada, Ana Miranda.

Este evento desenvolverá doce horas ininterrompidas de música e ten entre os artistas participantes ao rapeiro Valtònyc e a grupos como Els Catarres, Gerard Quintana y Josep Thió, Miquel Abras, El Petit de Cal Eril, Kepa Junkera & Sorginak, Cia. Clàudia Gómez y Raquel Viñuales entre outros. Ademais das exposicións a cargo dos fotoxornalistas Delmi Álvarez, Jordi Borràs,  Lluís Brunet e Roser Vilallonga.

 

 
 
Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG