BNG exixe ao SERGAS garantías de que o peche por obras, da cociña do Hospital Álvaro Cunqueiro non afectará á calidade da alimentación das persoas ingresadas nos hospitais de Vigo

Montse Prado
Montse Prado

Montse Prado pide  responsabilidades á concesionaria polas deficiencias na cociña,  seis anos despois da súa  posta en marcha,  unha auditoria da xestión da Sociedade concesionria e investigar os controis de calidade da obra construída ante as deficiencias detectadas

Pide medidas  para converter o Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo  no  hospital público que precisa a Área a sanitaria de Vigo

A través dunha pregunta parlamentaria ao goberno, a deputada do BNG, Montse Prado exixiu ao SERGAS “todas as garantías” para que o peche da cociña do Hospital Álvaro Cunqueiro “por obras durante dous meses”, non afecta á alimentación das persoas ingresadas nos hospitais de Vigo.

As obras nas paredes e as deficiencias estruturais derivadas da “mala calidade dos materiais empregados na contrucción” exixen, dixo,  unha investigación da da obra construída” co fin de  coñecer as razóns polas que tras seis anos da posta en funcionamento da cociña necesita pechar dous meses  para cambiar o chan da cociña cuberto dun material similar ao sintasol que se despega sistematicamente e cun  sistema de liña fría que  obriga a que as instalacións a estar a  menos 12 graos continuamente, agás a zona onde se cociña que provoca  condensación e posterior  levantamento do chan.

O mesmo acontece, engadiu Prado,  coas pareces afectadas por un importante deterioro, especialmente na  zona na que  rozan os carros por ter empregado un material máis próximo ao pladur que  ao ladrillo ou formigón, como requiría a “construción de zonas destinadas a unha actividade tan intensa”.

As obras que se están realizando na cociña, explicou a nacionalista,  obrigan  ao traslado de  comida preparada en camións dende fóra do hospital. As primeiras informacións eran que sería desde Zaragoza, percorrendo máis de 800 quilómetros, por estar a sede desta empresas nesta cidade, pero segundo as últimas informacións, a comida procederá do  Hospital de Lugo.

A parlamentaria preguntou se a Xunta asumirá parte  da porcentaxe das obras xa realizadas como as que se están acometendo e se asumirá tamén o incremento da actividade da cociña do Hospital Lucus Augusti.

“Non podemos consentir que a Xunta asuma os custes de elaborar a comida no Hospital de Lugo e pague á empresa concesionaria pola reparación duns defectos na construción que eran a súa responsabilidade, nin  seguirlle pagando pola elaboración dunha comida que se fai nun hospital público”, recalcou.

O PP beneficia a empresas privadas para facer negocio coa sanidade pública

A Xunta, afirmou, viuse obrigada a recorrer a un hospital público, con persoal público, para solucionar o problema creado pola privatización dun servizo esencial e esta  circunstancia é resultado do “modelo do Partido popular” de construír un hospital para a Área Sanitaria de Vigo controlada por “fondos de investimentos, o  60%, e empresas estranxeiras”.

Un modelo para  converter en “negocio para as empresas privadas a atención sanitaria”.  Un hospital orzamentado en 450 millóns de euros a pagar en 15 anos, pasou coa chegada de Núñez Feixó á presidencia da Xunta a un custe de máis de 1.400 millóns a pagar en 20 anos, até 2035”.

Neste sentido, apelou a “realizar  todas as actuacións precisas para rescatar o Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo e convertelo no hospital público que  precisa   a área sanitaria de Vigo”.

Máis en Novas
Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG