BNG exixe ao goberno poñer en marcha o rexistro de familias monoparentais, despois de trece anos de promesas incumpridas

Noa Presas
Noa Presas
En resposta a pregunta formulada pola deputada Noa Presas, a conselleira de Política Social comprometeuse a formalizar, vía decreto, o rexistro de familias monoparentais  no vindeiro mes de febreiro

BNG, a través da súa deputada, Noa Presas, preguntou ao goberno cando ten previsto poñer en marcha o rexistro de familias monoparentais, “tras trece anos de promesas incumpridas”.

Na súa intervención, Presas lembrou  que  este modelo familiar, dentro dunha sociedade plural e diversa, non conta nin coa condición nin co recoñecemento que merece, circunstancia que  impide que poidan iniciar calquera tipo de trámite.

No ano 2010, explicou a nacionalista, comezaron as primeiras promesas coa conselleira, Beatriz Mato, “dez anos antes de usar as portas xiratorias para o eólico”, ironizou.

No 2011, tampouco fixeron nada na aprobación da Lei Red Madre ou lei de familia e no 2018, co actual deputado, Xosé Mamuel Rey Varela sendo conselleiro de Política social, volveron a prometer a posta en marcha do rexistro, unha promesa que comprobamos era unha “bomba de fume” para tapar que votaban en contra  dunha Proposición de lei do BNG destinada a apoiar ás familias monoparentais. 

En Galiza, explicou Presas existen  máis de 111.000 familias monoparentais, o 10,44% de familias encabezadas no 80% por mulleres e nun contexto de crise económica, de feminización da pobreza, coa ameza dun importante  risco de exclusión social sobre o  50% delas.

Política social responde ao BNG que haberá rexistro o mes que ven

Pola súa parte, a  conselleira de  Política Social,  Fabiola García, respondeu á  deputada do BNG que o rexistro das familias monoparentais será creado, vía decreto, no vindeiro mes de febreiro ao que a parlamentaria do BNG replicou que o Partido popular leva trece anos incumprindo as súas promesas e cun sesgo ideolóxico que penaliza as familias monoparentais.

En todo caso, afirmou a nacionalista, “alegrámonos do anunciou” e criticou que a data de febreiro chegue seis meses despois da reunión do mes de xullo cos colectivos afectados. A deputada advertiu que o BNG permanecerá vixiante a este decreto para facer as “nosas achegas”. Por outra parte, engadiu que o decreto é produto da presión social e de colectivos como “Nais solteiras de Galiza” que dende hai anos levan loitando para que se recoñeza a condición de familias monoparentais.

Noa Presas asegurou  que ademais do rexistro, estas familias precisan non ser discriminadas a respecto das familias numerosas que son favorecidas con descontos nas autovías  e que deben ser cumpridas  as promesas da campaña lectoral e o discurso de investidura de Feixóo “aplicando neste ano 2022 os descontos no IRPF”, como xa contemplaba a Red Madre do ano 2011, concluíu.

Máis en Novas
Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG