A parlamentaria formulou unha pregunta ao goberno sobre a retirada das especialidades de Pegadoxía Terapéutica (PT), Audición e Linguaxe (AL) do catálogo de persoal dos centros de infantil e primaria, medida que sumou as políticas do Partido popular de “desmantelamento encuberto dende hai unha década”.
Na súa intervención aludiu á denuncia formulada o pasado 2 de outubro polo sindicato CIG-Ensino, tras unha xuntanza coas dirección dos centros da Coruña e despois de trasladar a Xefatura Territorial e Xefatura de Inspección a súa intención de reclamar á Xunta de Galiza a supresión das figuras de PT e AL do catálogo de persoal dos centros de Infantil e Primaria.
Para a deputada, esta medida representa “a amnesia selectiva” dos acordos do ano 2007. Teño o acordo, aquí e se quere pode levar unha copia, díxolle a
nacionalista ao director Xeral de Educación, Manuel Corredoira. O acordo, recalcou, é é moi claro ao sinalar que en todo caso serán ampliábeis estes medios en función das necesidades e contarán con eles o alumnado que, matriculado nun centro con menos unidades, precise desa atención específica polo que volveu a preguntar se a Xunta confirma o expresado pola Xefatura Territorial da Coruña sobre a supresión destas figuras do catálogo.
Pola súa parte o responsable de educación respondeu que estamos ante unha “fake news” ao que Presas replicou que dende o BNG,non admitiremos que nos vendan a moto de que o profesorado de apoio estea en función das necesidades e que non parta dun cadro de persoal mínimo, porque sabemos cal é o final desa película: “unha dotación que nunca chega a cubrir as necesidades e que implica de partida riscos serios da detección temperá”.
A deputada concluíu lembrando as denuncias de diversas AMPAS da Coruña polos recortes na atención ás crianzas con necesidades educativas específicas na área metropolitana no curso 2019/2020 que estendeu a outras zonas como o Barco de Valdeorras. Sobran os exemplos, o que falta é “compromiso por parte da Xunta de Galiza”.