parlamento galego

BNG denuncia no parlamento a insuficiente dotación de persoal e problemas na planificación asistencial do Servizo de Oncoloxía do CHUS

Iria Carreira
Iria Carreira

Iria Carreira denunciou as demoras e  lista de espera para probas diagnósticas ao que sumou a sobrecarga  laboral do persoal

Afirmou que o déficit de persoal no Hospital do Barbanza tamén  repercute sobre o persoal e pacientes do CHUS

A portavoz de sanidade hospitalaria do BNG, Iria Carreira formulou unha pregunta ao goberno ante a situación que están a soportar as pacientes de cancro no CHUS con demoras  e listas de espera para a realización de probas diagnósticas, ao que sumou as dificultades das doentes para recibir o tratamento.

Na súa intervención, a  parlamentaria  tamén se referiu  a sobrecarga laboral do persoal  agravada polo  déficit de persoal no Hospital da Barbanza e  que repercute directamente sobre  as profesionais e pacientes do CHUS

A sanidade pública galega, explicou Carreira,  atópase nunha situación de extrema gravidade. A Atención Primaria e a máis prexudicada polos anos de recortes do  Partido Popular, e que se traducen en “cadros de persoal exiguos e recursos materiais limitados”. Por outra banda,  a  política sanitaria do PP  ten repercusións claras sobre os servizos hospitalarios,  “colapsos nos servizos de urxencias e  listas de espera para consultas hospitalarias desbordadas”.

Un dos servizos que está a recibir importantes denuncias a este respecto é  Oncoloxía Médica do CHUS. As denuncias polas condicións da atención que reciben veñen de hai tempo e  son queixas, puntualizou a nacionalista, polas condicións, “non polas profesionais, a súa dedicación e  implicación”, recalcou.

A maiores, engadiu que doentes de toda a área sanitaria de Santiago e o Barbanza levan  meses denunciando as esperas para recibir tratamento intravenoso co agravante para as que  residen  afastadas de Compostela. Antes de administrar o tratamento de quimioterapia,  realízase unha analítica á paciente para coñecer o seu estado en tempo real e axustar a medicación, pero tamén teñen problemas as pacientes que reciben un tratamento de quimioterapia oral e que deben que recollela na consulta de farmacia. Pacientes que son valoradas pola súa oncóloga e agardan horas e horas para poder recoller unha caixa de pílulas, que ademais xa son pacientes habituais polo que o paso por esa consulta de farmacia é pouco menos que un trámite.

A deputada cualificou de “gravísimo” que as  pacientes con cancro  non poden realizar en tempo o TAC ou RM que lle corresponde por listas de espera que non deixan de medrar.

A todas estas circunstancias, engadiu as erráticas decisións da xerencia da área sanitaria que tras   recoñecer o déficit de persoal médido en O Barbanza suxire reforzalo co desprazamento de profesionais do Hospital de Santiago e cubrir así, servizos, gardas e quendas de tarde en Riberia aínda que Medicina Interna non sexa a súa especialidade.

Esta medida incrementa as listas de espera, entre 800 e 1.000 doentes  e descoñecemos as medidas do SERGAS para atender unha “situación xerada por vostedes mesmos”, criticou a deputada do BNG.

A parlamentaria do BNG preguntou ao director xeral de Asistencia sanitaria, Jorge Aboal como pensa o SERGAS resolver a deficiente situación do Servizo de Oncoloxía Médica do CHUS por unha  falta de persoal sanitario que repercute gravemente na planificación da  asistencia dos e das pacientes.

Tras a intervención de Aboal que non amosou a intención de implantar medidas para resolver a situación denunciada pola deputada do BNG, Iria Carreira lembrou que as coberturas das gardas de xinecoloxía, motivou a dimisión do xefe de servizo ante a obriga de que os e as profesionais se desprazaran ao Barbanza, un ofrecemento “voluntario” que tamén se lle trasladou ao persoal do servizo de Urxencias, como se no hospital de Santiago “sobrara persoal”. O que non é “tolerable” afirmou, é facer pasar esta cobertura por “unha voluntariedade” que incrementa  “a precarización” do persoal eventual que depende continuamente dunha renovación de contrato.

A situación en oncoloxía, remarcou  agravase porque faia un “piar básico, a Atención primaria”, servizo fundamental para a detección do cancro, pero tamén faian as  primeiras consultase as   probas de imaxe. Se anulan  citas  a pacientes que cando chegan á consulta, o  tumor xa evolucionou e a  microcirurxía xa non sexa valorable.

Iria Carreira reclamou incrementar os cadros de persoal porque as “xornadas estrahordinarias” demostran esta necesidade  e pediu un compromiso do goberno  para mellorar a calidade na asistencia sanitaria ás pacientes do Servizo Oncoloxico do CHUS, compromiso sobre o que o director de Asistencia sanitaria eludiu pronunciarse.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG