Miranda: Hai miles de galegos víctimas desta estafa que están nunha situación que deben ser escoitados canto antes no Europarlamento
A deputada nacionalista visita aos afectados pechados no Concello de Tui que solicitaron a súa presenza para explicar o proceso de tramitación da denuncia
A eurodeputada nacionalista Ana Miranda explicou a situación en que se encontra a tramitación da denuncia presentada ante a Comisión de Peticións do Parlamento Europeo por unha ampla representación dos afectados pola estafa das preferentes, que o pasado mes de decembro viaxaron a Bruxelas para entregar a documentación ao Secretariado da Comisión, nunha reunión auspiciada polo BNG.
A requerimento dos afectados do Baixo Miño, Miranda visitou ás persoas pechadas no Concello de Tui, ás que comunicou que o BNG vai solicitar a tramitación urxente desa denuncia para que poda ser analizada canto antes pola Comisión de Peticións, e se recorten ao máximo os prazos habituais, que poden prolongarse meses, tendo en conta que esta Comisión recibe a diario denuncias de cidadáns e entidades dos 27 Estados membros.
Desde o BNG entendemos que este é unha denuncia que merece prioridade posto que hai miles de galegos víctimas desta estafa que están a vivir unha situación límite e, polo tanto, teñen que ser escoitados canto antes polo Parlamento Europeo, teñen que ter a oportunidade de explicar directamente na Eurocámara que queren recuperar os aforros que lles roubaron as mismas entidades financeiras ás que se rescata con millóns de euros de fondos públicos, argumenta Miranda.
Para a eurodeputada nacionalista, as miles de persoas, a veces familias enteiras, estafadas polas preferentes están sufrindo unha verdadeira coacción cando a única alternativa que se lles ofrece desde o PP é un real decreto aprobado polo Goberno central polo que se lles di que a solución pasa porque perdan ata o 80% dos aforros que lles arrebataron, denunciou. Non se trata de inversores que decidiron apostar para gañar beneficios rápidos, son cidadáns do común que perderon os seus aforros, en moitos casos produto dunha vida enteira de traballo e iso é o que deben saber no Parlamento Europeo.
Miranda salientou que a Comisión de Peticións non é a solución, que corresponde ao Estado español, pero pode aportar apoio político aos afectados, concluíu.