Para o deputado do BNG, tras largos anos agardando por esta proposta, o resultado afirmou “é decepciónante” e criticou que no proceso de elaboración “non existira ningún tipo de interlocución cos concellos”.
Por outra banda, a xuízo do nacionalista, é unha proposta que obvia os “compromisos adquiridos pola Xunta de Galiza” e incumpre o Pacto local do ano 2006. Ademais, “tampouco aborda o financiamento das entidades locais”, atendendo ás súas necesidades reais.
O BNG, dixo, Tabarés, agarda coñecer a proposta de maneira completa pero advirte que tras o debate e aprobación dos orzamentos do goberno galego para o ano 2023, semella que o Partido Popular continuará na senda de non apostar polo “reequilibrio territorial e a igualdade das persoas” como demanda, de maneira reiterada, a cidadanía.
O informe sobre financiamento local para determinar a quen corresponde a prestación de servizos, engadiu o deputado do BNG, non respectou “o consenso” coa FEGAMP, e polos datos dos que dispoñemos, tampouco responde á prioridade do financiamento dos concellos. Todo indica, sinalou que a Xunta seguirá mantendo un modelo que prexudica as contías destinadas ás prestacións de competencias das entidades locais.
Una vez máis, criticou o nacionalista, “a Xunta non priorizou os servizos básicos e o seu mantemento en concellos que xa soportan un gran déficit público por asumir servizos que lle corresponden á Administración autonómica”.