O BNG recibiu a unha representación de afectados pola estafa das preferentes, que aproveitaron a constitución do Parlamento para manifestarse ás portas do hemiciclo.
Como non podía ser doutro xeito, o BNG, a través do seu portavoz e viceportaz, máis a alcaldesa de Tomiño, comezaron a lexislatura traballando, dando continuidade ao labor feito durante os tres anos e medio pasados de apoio aos distintos colectivos afectados pola crise e os recortes.
O BNG sentou na tribuna de convidados a unha representación destes colectivos, afectados polas preferentes, desempregados, SOS Sanidade Pública, mocidade ou sector naval, entre outros.