Olalla Rodil trasladou o apoio do BNG á presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, ante o comentario e a actitude machista do rexedor de Vilanova de Arousa, que cualificou de “intolerable”
“Ten que dimitir, ninguén que ataca a unha muller polo mero feito de selo pode seguir ocupando un cargo público. Basta xa de tanto machismo tamén nas institucións”, recalcou, tras lamentar a morna actitude do PP “que tampouco nos sorprende tendo en conta que o seu máximo responsábel, o señor Feixóo, destacou no debate parlamentario por machistadas como as que proferiu contra a portavoz nacional do BNG”.
“Os comentarios e as actitudes machistas teñen que ser erradicadas de calquera ámbito, especialmente do público, e non poden pasar como meras anécdotas ou declaracións desafortunadas. Débese actuar con contundencia e deixando claro que o machismo non ten cabida”, concluíu.