O BNG amosa a súa indignación ante “vergoñenta” sentenza da "Manada"

Manifestación feminista
Manifestación feminista

O BNG fai un chamamento á participaren nas mobilizacións convocadas nas cidades e vilas en repulsa á sentenza

A deputada e Coordinadora  de Acción Feminista do BNG, Noa Presas lamenta e mostra a súa repulsa  á sentencia  “vergoñenta” contra a Manada.

Para a nacionalista, as conclusións da  sentencia envían  ás mulleres unha mensaxe clara:  “si eres violada  e non te resistes para non poñer en risco a túa vida, non te van a crer”. Unha mensaxe, afirma a nacionalista  que confirma que a única proba valida contra a violencia machista  é “ser asasinada”.

Ante esta situación provocada pola sentencia contra a “Manada”, o BNG apoia as diferentes mobilizacións convocadas nas cidades e vilas galegas e fai un chamamento a participación de maneira masiva contra unha sentencia que só produce “desolación e vergoña”.

No día de hoxe, manifesta Noa Presas, o BNG quere enviar unha mensaxe a todas as mulleres e de maneira especial, a todas aquelas que nalgún momento da súa vida  foron vítimas de violencia machista. O BNG quere dicirlles que “non están soas” e que dende o feminismo e as organizacións políticas “estamos comprometidas para transformar a sociedade até que sexamos todas libres e respectadas en todos os planos da nosa vida”.

 

MOBILIZACIÓNS PREVISTAS PARA HOXE XOVES 26 DE ABRIL:

  • Vigo, 20.30h no Marco
  • Bertamiráns, 19.30h Praza da Mahía
  • Compostela, 20h Praza 8 de marzo
  • Lugo, 20.30h ás portas do Concello
  • A Coruña, 20h no Obelisco
  • Pontevedra, 20h na Audiencia Provincial
  • As Pontes, 20.30h ás portas do Concello
  • Ourense, 20h na Castañeira
  • Noia, 20h ás portas do Concello
  • Ferrol, 19.30h nos xulgados
  • Vilagarcía, 20h ás portas do Concello.
  • Cangas, 20h ás portas do Concello.
  • Vilalba, 20.30h na Praza do Concello
  • Cee, 20h na Praza 8 de Marzo
  • Teo: 19.30h. Concello
  • Viveiro: 20h. Praza Maior
  • Burela: 20.30h. Praza do Concello
  • A Estrada: 20.30 h. diante do Concello
  • Monforte:  20h. Praza de España
  • Sarria: 20h. Concello
  • O Barco:  20.15 h. Concello
  • Redondela: 20.30h. diante do xulgado
  • Ribadeo: 21h Praza 8 de Marzo
  • Ponteareas: 20h. diante dos xulgados
Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG