A través dun texto transaccionado, o BNG acadou o “apoio unánime” da Proposición non de lei defendida pola deputada do BNG, Mercedes Queixas no debate celebrado onte, a última hora no Parlamento galego.
Coa aprobación por unanimidade da iniciativa nacionalista, o Parlamento insta á Xunta de Galiza a demandar do Goberno do Estado:
- Un plan estratéxico de recuperación e impulso da actividade comercial do porto da Coruña, desde a súa representación no Consello de Administración da Autoridade Portuaria da Coruña.
- A licitación do acceso ferroviario do porto exterior de Punta Langosteira antes do vindeiro mes de xuño co compromiso firme do Ministerio de Transportes , Mobilidade, e Axencia Urbana de o incluír nos fondos europeos, e no seu defecto, asegurar recursos orzamentarios para a súa execución.
- A condonación da débeda do Porto da Coruña con Portos do Estado ou a concesión dunha achega económica da cantidade equivalente.