Ana Pontón: "É unha temeridade convocar as elección en pleno estado de alarma"

Afirma que non é momento de eleccións porque a situación precisa da unidade  de todos os gobernos e administracións para loitar contra a COVID-19

Reitera que as eleccións deben celebrarse con todas as garantías sanitarias e democráticas e  critica que Feixóo non priorice a saúde de todos os galegos e galegas

A  portavoz nacional do BNG,  Ana Pontón cualifica de “temeridade” convocar aos galegas e galegas ás urnas en pleno “ estado de alarma”. Para a nacionalista, a cidadanía galega está preocupada  polo proceso de desescalada e que  non se  produzan repuntes na crise pero tamén por unha situación económica de graves consecuencias que en números casos non permite facer fronte ao pago de facturas ou medidas para conciliar a vida laboral e familiar.  Agora, remarca a nacionalista, é máis necesaria que nunca  “unidade” na loita contra o COVI-19”, pero  Feixóo rompe os acordos e o seu interese partidista  lévao a  non considerar “prioritario  garantir a saúde dos galegos e galegas” conducíndonos a unhas eleccións “canto antes” e toda présa.

A líder do BNG  reiterou  que “non é momento de eleccións” porque a   situación que estamos vivindo require que todos os gobernos e administracións se concentren na loita contra o coronavirus e na defensa da saúde de todos os galegos e galegas. Insistiu Pontón en que, a fase de alarma e a desescalada  precisa de  toda a atención polo que resulta  “unha temeridade falar dunha convocatoria electoral”. No caso de ser así e Feixóo persiste na súa intención de  ir a eleccións canto antes, abondou, debe “convocar aos  partidos políticos” e nesa reunión, o BNG trasladará ao titular do executivo que resulta “unha temeridade”, en pleno estado de alarma, abordar unha convocatoria electoral.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG