Ana Pontón pide ao Goberno do Estado que rexeite a petición de Audasa de subir as peaxes da AP-9 un 9%

Ana Pontón
Ana Pontón
A líder do BNG cualifica de “indecente” que a multinacional presente este novo “sablazo” aos galegos e galegas

A portavoz nacional, Ana Pontón, reclama ao Goberno do Estado, en concreto ao Ministerio de Transportes, que non acepte a proposta de Audasa, a concesionaria da AP-9, para subir as peaxes un 9% o próximo ano. A líder do BNG considera un “despropósito e unha indecencia” que “unha multinacional como Audasa pretenda incrementar os seus beneficios un 9% aproveitándose da crise”.

Logo de lembrar que a AP-9 é unha autopista que dá beneficios millonarios e que está máis que amortizada, Pontón advirte que “non se pode utilizar esta crise de prezos como unha nova escusa para que Audasa siga facendo caixa a conta dos galegos e das galegas”. “É un auténtico disparate que non podemos aceptar”, afirmou, para insistir en reclamar ao Ministerio de Transportes que rexeite a suba das peaxes porque, segundo recalcou, “significa un novo sablazo a unhas economías familiares que xa o están pasando moi mal”. “É, insisto, un despropósito e unha indecencia”, conclúe.

 

 
Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG