“Agora que estamos en período electoral volveremos soportar a habitual avalancha de ministr@s, antes viña Ana Pastor, hoxe está Ábalos en Lugo pero antes de presentranos un powerpoint da intermodal estaría ben que non necesitásemos catro horas para viaxar en tren desde Lugo a Santiago ou estaría ben que aproveitase a viaxe para anunciar unha rebaixa na estafa das peaxes da AP-9. Veñen facerse a foto, pero seguen os mesmo incumprimentos”, criticou Pontón.
“Estou convencida de que a sociedade galega tomou nota, e sobre todo comparte con nós a reflexión de que nun escenario sen maiorías absolutas 1, 2, 3 deputados ou deputadas do BNG son máis útiles para Galiza que 23 ao servizo de Iglesias, Casado ou Sánchez”, concluíu.