Ana Pontón: "Feixóo é un irresponsábel por convocar as eleccións en pleno estado de alarma"

Ana Pontón
Ana Pontón

Pontón critica as formas do anuncio de  Feixóo  sobre a convocatoria de eleccións e cuestiona a legalidade da convocatoria

Acúsao de “prepotencia e falta de diálogo” e  escoller os  intereses electorais  fronte á defensa da saúde de todos os galegos e galegas

A portavoz nacional do BNG,   Ana Pontón critica as formas de Feixóo anunciando, en rolda de prensa, a convocatoria de eleccións sen comunicación previa  ás forzas políticas e cuestiona a “legalidade” da convocatoria.

Para a nacionalista, Feixóo volve a facer gala da súa “prepotencia e falta de diálogo” e ante a escolla de defender a saúde de todos os galegos e galegas escolle convocar eleccións. Dende o BNG, reiterou, a nacionalista,  seguiremos defendendo a “saúde da cidadanía galega” e na  situación de pandemia que estamos a vivir, e coa declaración do estado de alarma, “non se dan as condicións sanitarias nin democráticas” exixibles.Desde hai tempo, explica Pontón, Feixóo ten a intención de facer coincidir as eleccións co anuncio de Urkullu constatando que vai  a “rebufo” das decisión de Euskadi. A portavoz nacional do BNG lembra que en Galiza foi asinado un acordo a través dun decreto publicado no  DOG para convocar as elección tras o levantamento do estado de alarma, “ni un minuto antes nin un minuto  despois”. Desde o  BNG continuamos mantendo esa posición. “É unha temeridade e unha irresponsabilidade ” convocar eleccións durante unha pandemia  porque ninguén pode garantir que se produzan novos repuntes na fase de desconfinamento ou no mes de xullo e así llo trasladaremos mañá a Feixóo.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG