A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, critica ao Goberno galego por non “anticiparse” para xestionar a situación das residencias de maiores con máis de 20.000 persoas usuarias e a mitade de falecementos pola COVID-19 ao longo destes dous meses. Asegura que estes datos, constatan que “algo se fixo mal”.
Para Pontón, o goberno mostrou “improvisación” na xestión das residencias e Feixóo agora dá unha nova mostra desa improvisación cando “en menos de 48 horas di unha cousa e a contraria”. Primeiro, Feixóo anuncia visitas ás residencias de maiores a partir do luns 18, sabendo que non se permiten nesta fase pola normativa vixente e despois cancela as visitas botádonlle a culpa ao goberno central.
Desde o BNG, dixo, discrepamos da xestión da crise desde Madrid, pero neste caso, o goberno central non cambiou de criterio e en ningún momento estableceu poder facer visitas na fase 1, todo o contrario. Sen embargo, Feixóo fixo un anuncio de “maneira oportunista” a pesar de saber que non era posible. “En política non todo vale”, e moito menos en período de pandemia co grande sufrimento que leva ocasionado esta crise.
O día 16 de maio, o BOE publica a normativa de 'ámbito estatal' para o acceso de familias a centros residenciais de persoas maiores , centros residenciais de persoas con discapacidade e vivendas tuteladas, a partir da Fase 2, a partir del 25 de maio. A normativa sinala que no caso das residencias de maiores, "las visitas se realizarán preferentemente en supuestos excepcionales, tales como el final de la vida o el alivio de descompensación neurocognitiva del residente y que, en todo caso, non se permitirá o acceso a residencias "en los que haya casos confirmados de COVID-19, o en los que algún residente se encuentre en período de cuarentena por haber tenido contacto estrecho con alguna persona con síntomas o diagnosticada de COVID-19".
Feixóo fai electoralismo coas familias das persoas residentes
O protocolo anunciado o xoves por Feijóo, abonda Pontón, non forma parte dos acordos do Consello da Xunta nin foi publicado no DOG. Unha vez máis, vemos como Feixóo utiliza a dor das familias para facer “electoralismo e actuando de xeito irresponsábel”. A portavoz do BNG anunciou que pedirá explicacións no Parlamento de Galiza sobre unha actuación que cualifica de “impresentábel, ética e humanamente”. Feixóo non pode xogar coa vida das persoas para facer electoralismo, debe “abrir unha investigación sobre o que sucedeu nas residencia e elaborar un protocolo claro que permita preparar o seu desconfinamento” .
Na actualidade, lembrou Pontón , existen 223 residencias das que só 24 son de xestión pública. Nestes últimos 11 anos o goberno galego non construíu ningunha residencia pública a pesar de que Feijóo leva anos prometendo construír unha en cada unha das sete grandes cidades, poro “non se fixo nin unha soa nova residencia, nin unha soa nova praza pública en residencias”, recalcou.
“O modelo privatizador de Feixóo fracasou”. Hai que abandonar o modelo de mercantilizar o dereito a unha vez digna e o BNG seguirá reclamando o rescate do coidado das persoas maiores para o sector público, co mesmo criterio que rexe para a sanidade e no ensino.