“En relación a posible data electoral quixera destacar que o BNG foi o primeiro en pedir aprazar a celebración das eleccións, porque no medio dunha pandemia, o único, insisto, o único importante é a saúde das persoas. E hoxe pensamos o mesmo.
As eleccións só deben celebrarse cando existan todas as garantías sanitarias para ir as urnas, nin un minuto antes, nin un minuto despois. Eleccións cando se dean as condicións sanitarias para votar con total garantía e sen riscos para a saúde dos galegos e das galegas.
En todo caso, desde o BNG esperamos que a data das eleccións en Galiza se en Galiza, e que non volva ser o lendakari Urkullo quen diga cando temos que votar, mentres Feixoo se limita a facer seguidismo e ir a rebufo”