Un ano máis achégase o 25 de xullo, e desde o BNG celebrámolo como o que é: a festa da patria galega. A festa da nación que compartimos os galegos e galegas, desde a diversidade de xeitos de sentirnos e vivirnos como pobo. Mais tamén desde o orgullo por sermos un pobo con vontade de ser e estar no mundo. En favor de si e contra ninguén. Vinculando a loita polos nosos dereitos a todas as causas xustas, ás loitas de liberdade e dereitos e todos os pobos e para todas as persoas. Desde nós, construimos un mundo mellor. E agora, neste 2019, con azos renovados e cun novo impulso. É tempo de sumar, de avanzar, de facer que un novo proxecto de país colla forma, desde a autoestima e a capacidade para decidir libre e democraticamente. Niso estramos. E non viñemos para resistir, viñemos para vencer. Adiante!
Buscar
TeleBNG
Un novo impulso, PARA VENCER
Etiqueta