Tereixa Paz: " O Plan termal de Ourense non ten orzamento da Xunta"

Para a deputada do BNG, a resposta de Turismo constata que deberá ser financiado por investimentos privados

Tereixa Paz

A través dunha pregunta parlamentaria formulada pola deputada do BNG, Tereixa Paz na comisión de Industria, a directora da Axencia de Turismo confirmou que os grandes investimentos previstos para o Plan Termal de Ourense deberán ser financiados por “investidores privados” interesados no sector, “nin Xunta, nin Deputación nin concello investirán no Hotel Termal de Ourense”, afirmou.

Pola súa parte, a nacionalista considerou que os tres aspectos centrais aos que debe responder a Xunta formaban parte dos compromisos realizados co fin de materializar o devandito plan que o propio presidente da Xunta cifrou en 166 millóns de euros, que existían contactos con investidores e que o Goberno galego empregaría fondos no proxecto.

A parlamentaria, tras escoitar a responsábel de Turismo afirmou estar “ante un recetario ou guía” cunha relación de posíbeis inversións e a espera de que aparezan alguén con cartos que queira investir en Ourense, “isto non é un Plan Termal” dixo e denunciou o novo intento de “engano aos cidadáns de Ourense” por parte do Goberno galego que xa nos ten acostumad@s a anuncios de investimentos e creación de postos de traballo para logo non cumprir o comprometido.

A nacionalista cuestionou que o único executado con cartos públicos da totalidade do Plan termal sexa “curiosamente” a rehabilitación do Castelo de Monterrei para convertelo en parador.

Tereixa Paz en Comisión

Resulta un paradoxo , abondou, que na única actuación na que a Xunta gastará máis de 4 millóns de euros públicos sexa para regalarlla ao Estado, “a Paradores nacionais para que a explote”, cando hai un parador medio pechado a 300 metros. Paz engadiu que as actuacións de recuperación termal en Cabreiroá e Caldeliñas tampouco contan con financiamento público.

Só nos queda confiar que toque a  lotaría en Ourense

Tereixa Paz lamentou que as institución públicas e o PP xoguen coas ilusións e expectativas das persoas desempregadas e da cidadanía de Ourense. "Nada novo, só anuncios sen compromisos nin públicos nin privados, o único que nos ofrece ese plan termal para Ourense é agardar que nos toque a lotaría”, concluíu.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG