- Noa Presas, acusa ao PP de "dobre moral" e afirma que o novo decreto “pode abrir a porta a peches a medio prazo” e avanzou que o BNG estará vixiante para que esta medida non se aplique
A deputada do BNG, Noa Presas defendeu hoxe unha Proposición non de lei instando á Xunta a manter os Rexistros da Propiedade no territorio da provincia de Ourense nas condicións actuais.
Na súa intervención indicou que Ourense perdeu nos últimos 8 anos o 5% da poboación ao que sumou o continuo recorte de servizos da administración central que repercuten negativamente na fixación de poboación e o peche dos rexistros da propiedade prexudicará gravemente as persoas dos concellos do rural.
Ante o anunciou do vicepresidente, Alfonso Rueda de dar marcha atrás ao peche dos rexistros da propiedade, a nacionalista amosou o seu escepticismo e lembrou que “o goberno galego non é a primeira vez que incumpre cos seus compromisos” polo que reiterou a súa petición para non pechar os servizos en Bande, Celanova, Viana do Bolo e Ribadavia.
Noa Presas tamén manifestou que o novo decreto “ pode abrir a porta a peches, a medio prazo” e avanzou que o BNG estará vixiante para que esta medida non se aplique.
Pola súa parte, o portavoz do Partido popular, Paula Prado indicou que co novo decreto non se suprimen rexistros da propiedade, “reagrúpanse os rexistradores” e anunciou o voto en contra da iniciativa do BNG. A nacionalista replicou que o Partido popular mantén “unha dobre moral” neste asunto, por unha banda, o vicepresidente anuncia que non serán suprimidos e o PP no Parlamento, vota en contra “dun acordo para non aplicar esta medida” como reclamaba a proposición non de lei do BNG.
A parlamentaria preguntou que si esta tan claro o Decreto, 195/2017, porqué todos os alcaldes do Partido popular reclaman que non se pechen os rexistros e o propio presidente da Deputación de Ourense, Xosé Manuel Baltar súmase a esta petici