Relación de actos convocados con motivo do Día da Patria Galega

1080x1080_2.1

Deixámosche información sobre os actos públicos convocados polo BNG con motivo do Día da Patria Galega. Para unha correcta organización desta xornada, pregamos te poñas en contacto canto antes coa túa comarca de referencia para confirmares a túa asistencia. Estes serán actos seguros, polo que resulta moi importante, para cumprirmos os protocolos sanitarios, posuírmos unha aproximación previa do número de asistentes en cada cidade.

COMPOSTELA

12.00 horas: manifestación con saída dende a Alameda. Remate na praza da Quintana con acto político, coas intervencións de:

  • Iria Carreira, deputada electa.
  • Paulo Ríos, secretario xeral de Galiza Nova e deputado electo.
  • Ana Pontón, Portavoz Nacional do BNG.

Coa participación de militantes e simpatizantes de Compostela-A Barcala-Terra de Ordes, A Barbanza, Ría de Muros e Noia, A Montaña, Tabeirós-Terra de Montes-Deza e Asemblea da emigración.

Contacto para confirmar asistencia: Tfne. 981.554.167 / [email protected]

A CORUÑA

12.00 horas: Acto político nos xardíns de Méndez Núñez, coas intervencións de:

  • Román Blanco (responsábel comarcal de Galiza Nova)
  • Francisco Jorquera, concelleiro na Coruña.
  • Daniel Pérez, deputado electo.
  • Mercedes Queixas, deputada electa.

Coa participación de militantes e simpatizantes da Coruña, das Mariñas, de Bergantiños e da Costa da Morte.

Contacto para confirmar asistencia. Tfne. 669.381.398 / [email protected]

FERROL

12.00 horas: Acto político no Cantón de Molíns, coas intervencións de:

  • Iván Rivas, concelleiro en Ferrol.
  • Xiana González, activista no movemento feminista.
  • “Mon” Fernández, deputado electo.

Coa participación de militantes e simpatizantes de Ferrolterra.

Contacto para confirmar asistencia: Tfne. 606.711.650 / [email protected]

PONTEVEDRA

12.00 horas: Acto político no parque Rosalía de Castro, coas intervencións de:

  • Marta Gómez, responsábel comarcal de Galiza Nova.
  • Míriam Ferradáns, poeta.
  • Montse Prado, deputada electa.
  • Luís Bará, deputado electo.

Coa participación de militantes e simpatizantes de Pontevedra-Caldas, O Salnés e O Morrazo.

Contacto para confirmar asistencia: Tfne 986.866.205 / [email protected]

VIGO

12.00 horas: Acto político na praza da Estrela, coas intervencións de:

  • Brais Ruanova, responsábel comarcal de Galiza Nova.
  • Xavier P. Igrexas, concelleiro en Vigo.
  • Carmela González, deputada electa.
  • Alexandra Fernández, deputada electa.

Coa participación de militantes e simpatizantes de Vigo, O Condado-A Paradanta e Baixo Miño.

Contacto para confirmar asistencia: Tfne. 986.447.300 / [email protected]

LUGO

12.00 horas: Acto político na Praza Anxo Fernández Gómez (detrás do concello), coas intervencións de:

  • Iago Suárez, representante de Galiza Nova.
  • Rubén Arroxo, concelleiro en Lugo.
  • Olalla Rodil, deputada electa.

Coa participación de militantes e simpatizantes de Lugo e Lugo Sul.

Contacto para confirmar asistencia: Tfne. 982.280.410 / [email protected]

OURENSE

12.00 horas: Acto político no parque Barbaña, coas intervencións de:

  • Stella, representante de Galiza Nova.
  • Luís Seara, concelleiro en Ourense.
  • Noa Presas, deputada electa.

Coa participación de militantes e simpatizantes de Ourense-O Carballiño, O Ribeiro, Terra de Celanova e Baixa Limia, A Arnoia-A Limia, Monterrei e Viana e Valdeorras.

Contacto para confirmar asistencia: Tfne. 678.017.945 / [email protected]


Ás 12.45 horas producirase, desde todas as cidades, unha conexión simultánea co acto político que se estará celebrando na praza da Quintana, en Compostela. Con ese motivo, en cada cidade disporase dunha ampla pantalla localizada no espazo central, accesíbel visualmente para @s asistentes. Remataremos coa interpretación simultánea do hino nacional desde a Quintana, e desde todas as cidades, todas e todos nós.

Vai ser un gran día. Anímate e participa!

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG